A letre desta canción non é nada do outro mundo o espeluznante é a maneira en que está interpretada o tempo agónico que adquiren algunhas vogais nesta voz chea de ..... incertidumes
a primeira vez que a oín foi nun documental sobre os nenos que son adestrados coa máxima naturalidade no uso de armas nos EEUU como un pasatempo caro de familias adiñeiradas na norteamérica profunda
creo recordar que chorei por aqueles nenos vestidos con chalecos antibalas e coas orelliñas tapadas con cascos antirruído
eu, á súa idade, aprendía pola miña conta a facer masa para empanadas e a pintar e a usar a chave inglesa e as ferramentas que había na casa e a facerlle roupa a miña boneca