diversos
cestos a pé de páxina
nevermore
mergullo nun prado desauciado
e dou cunha cova
abovedada de flores bravas
entro
observo as paredes
ricamente tapizadas
procuro pétalos vermellos
cando tento collelos
estóupanme nas mans
do sangue corrido
nunca máis
se soubo
‹
›
Página inicial
Ver versão para a web