fóra das peaxes



non será o medo á loucura o que nos obrigue a baixar a bandeita da imaxinación

a preguiza .....a canseira dos demais non me atraen, abúrrenme infinitamente

quero que cales no xusto momento que deixes de sentir

a diversidade é tan ancha que nela caben todos os tons da voz, todos os modos de andar, de tusir, de asoarse  de espirrar 

de amar coma tolleitos 

a terra dos vencidos

de camiño cara a Vigo
paro a tomar un tentempé
nunha taberna aldeá ao pé da estrada 


Maruxiña!, di alguén, trasme un café?
Ummmmmm, non che traio nada!
Veña, muller, que che dou un biquiño! muuuuuuuuuu, apirulando os beizos cara fora varias veces
Saca de aí!
Pois agora non cho dou e trasme o café, vale?

Cando o rapas empeza a beber o café acompañado dos amigos, chega unha moza máis ou menos da súa idade visiblemente afectada polo encontro consabido. Establecen unha conversa típica tópica utópica na hora tropical e ela marcha coas mans nos petos do pantalón mini ollando cara atrás mentres atravesa a estrada provincial. E vai el e bérralle: Mira pa diante, Sabela, que che vai levar por diante o coche de liña!











corten!






corto coas pinturas




pinto coas tesoiras
















nin arre que fuxa / nin xo que se deite




(a conectividade ilimitada é tan inútil como a súa carencia total

conectados, si....

pero tan en precario

que non quede máis remedio que peneirar)















principio e fin







ou como constatar que a curvatura dun cadrado é a cadratura dun circo e viceversa







ghiuston, temos un problema

 
 
 
 
 





 

dito e feito







só con ideas
non se fai un cesto

sen idea
tampouco




empanada de ideas verdes






.......estes pasiños que dou

son os que teño que dar

anque sempre quede atrás


cuartiños no cú dunha caixa de galletas
o que teña a ben ficar




se me poño a pensar

quedarei petrificada

e morrerá o meu andar




se me poño a matinar

que pasos me han de levar?

ideas na empanada!







sala de ser








deixar de estar
na sala
para ser
no mundo






uni versolibre





         planeta letra = plan chatarra






variacións Castelao








virá a morte
e, coma sempre,
terá os teus ollos

darame a risa parva
e coa gadaña en alto fará un xesto:
" pasa, calamidá"










SABAS






O SÁBADO é o único día da semana que podo adicar exclusivamente e con intensidade á...perda masiva de tempo. Por iso o domingo non fago nada. Necesito descansar. O resto da semana págoas todas xuntas, pero a min que me quiten o bailado. Para masocas xa temos esa lexión anónima de xente de negociios, corredores de fondo na bolsa da morto a faceren o xogo sen escrúpulos dos banqueiros. Como alguén escribiu moi sabiamente, son tan pobres que só teñen cartos.


Eu, en cambio, teño tempo. Tempo para di-lapidar as súas mentes hipotecadas a unha realidade virtual que só ten  sexo con números.



Co tempo perdido observo con tenrura certos micralitos no areeiro e río  río dos cómputos inútiles. Boto sestas históricas e dou longos paseos polos recunchos máis afastados da miña mente deixándome ás veces caer polos escuros cavorcos do meu corazón, ese lugar inconquistable onde nada se oe que non sexa un incesante murmurio de árbores nacendo.