sempre hai momentos



o instante se non crea é que non está nin morto

a verticalidade da linguaxe   déixase  sentir coas palabras da emoción
mais entendela cos mecanismos da razón, non

o instante non se crea, créase distante

hai pouco sucedeu algo que alguén inventou
agora non sucede nada máis que este instante fixo nun punto branco mutante

en perpetua


imaxe tomada de Benirroxo



Enlace para grandes instantes: para ler de calma en versión orixinal. As traducións, de habelas, terán que agardar.
suspensión








nevermore










mergullo nun prado desauciado
e dou cunha cova 
abovedada de flores bravas
entro
observo as paredes
ricamente tapizadas
procuro pétalos vermellos
cando tento collelos
estóupanme nas mans

do sangue corrido
nunca máis
se soubo


miraremos a ver







farei un curso por segundos
para afrontar o futuro

aínda sabendo que o que digo
sempre vai cos pés por diante

e todo o que queda ao meu dispór
é entullo gasto chatarra





anarcofuturismo? iso sóame!





Revista Antares nº 13 pdf in El batiscafo rojo: Neste número aparece un sorprendente manifesto dos anarcofuturistas rusos datado en marzo do 1919; nalgúns tramos para min que goza da máis absoluta e rabiosa actualidade.  Boa viaxe!