SI, UNHA CUESTIÓN DE ESTILO


de Bukovski
o único que estimo
é o estilo
o resto apesta
a ausencia total
de gozo
de estar vivo
no medio dun
pesadelo prefabricado
contra o cal 
non semella 
ter máis resposta 
que unha pestilencia
alcólica 
carente de saídas
alén dun cemiterio
de botellas


NORDÉS

Sopla o vento do nordés
a noite é unha chuvia petrificada
de estrelas que non acaban
de caer

música de gatos
pérdese entre as dunas
ñam ña ra ñam
contra vento e marea
os acordes habitualmente enlatados
hoxe soan en tempo real
fóra das computadoras

concerto improvisado
sen máis megafonía
que a que trae o vento
iluminando cun farol
letras políglotas

xente nova construíndo o futuro
a partir do pasado
que sempre volve en espiral

trazo espirais na area
con fondo de tambores
as estrelas dan o seu adeus petrificado
como chuvia que non acaba de caer
comerciando co vento un só agónico

voces ceibes contrabandeando
ideas e xestos cómplices

vai  fresco no verán  do noroeste
hai peixes nas ondas translúcidas
antes de escacharen contra a area
e luras que acoden puntuais
á súa cita nocturna coas farolas
as pozas son espellos que se incrementan
coa marea
e o meu corazón
é un cántaro roto
abalando nun aceno recorrente
consciente de que unha vez máis
non haberá máis misión de rescate
que saír pitando
aproveitando as rachas favorables.







SEN TÍTULO



unha chamarada 
de odio
de orixe descoñecida
libérame
para sempre
e máis despois




aínda é hoxe o día
que non sei moi ben de que





UNHA COUSA LEVA A OUTRA





 quen nunca 
 me deu a benvida
non pode
dicirme 
adeus




BOIAS





neutralizo  balas
atrasadas
con grandes doses de sal
e autoestima
devóroas
alegremente


fíxenme inmune
a  radiacións
de caducidade
limitada


o meu paracaídas
non consente
máis tonteriás
das necesarias


as balas atrasadas
en prosa e en verso
para quen guste
do uso sistemático
de supositorios
contra a gloria do día
e a melancolía
da noite indemne


sós ou en compaña
nunca é doado
bater co corazón
dun tolo
que se nega teimudamente
a posibilidade
de calquera momento
de lucidez


prescindo 
de imaxes alusivas
despois de todo
son todas 
tomas falsas





NIHILISMO R.I.P.




o nada ve nada en todos lados
incluso en si mesmo .....
o nada é dadá que afoga en seco


estou empezando a pensar
que a dereitona é ben nihilista
por definición:
actúa sen ilusión
da fé fai unha reserva
onde ter un deus secuestrado:
" papa as ostias que che dou
e cala a boquiña, non digas nada"


iso, todo o mundo caladiño
non vaia ser que todo se saiba
e así chegue todo o mundo a catedrático,
a ver despois quen vai á fábrica
ou se mete a matón da mafia,
o sistema necesita matalotes e incautos.....


ao nada todo lle vale
con tal de non asumir
que hai outros puntos de vista
e cada punto é un centro
e cada centro unha maneira de vivir
chea de contidos
non sempre tirados de enciclopedia


se alguén me di: revolución!
eu dígolle: vaite criar primeiro!




durmido ou esperto
o nihilista, só por foder, nin soña
e calquera realidade é capaz de convertela
en pesadelo.








conxunción verde-amarela-laranxa


COORDENADAS

se usamos as palabras
para enganar deliberadamente
tecemos con fíos falsos
a propia escravitude


*********


as palabras espidas
de orgullo e de envexa
permiten que cheguemos
a coñecer o verdadeiro nome
de cada cousa


********


hai que ver o mundo fronte a fronte
para que veñan abaixo as goridas
do medo
cando non hai onde gorecerse
o medo desaparece


*******


ningunha crema facial
ningunha cirurxía
conseguirá que  un rostro 
resplandeza de amor











REFLEXIÓNS SEN ESPELLOS











andando sen camiños 
chego a un lugar sen dor
alí onde podo amar sen fisuras 


-------------------


terra firme haina só nun mesmo
e en ningunha outra parte


--------------------


o movemento incesante do océano
é o dun bambán cósmico
que pende das cordas polícromas do amor.


A luxuria só serve para esgotalo
nun fastío vermello


-------------------


mergúllome neste gozo
para que entre o osíxeno
por todas as portas da miña eu-nación


-------------------


rexeitando coordenadas imaxinarias
fortalézome no que son


------------------



DESGUACES







liberdade

libre idade

lin verdade

lin ver(de)idade

libridade

incremento telescopios
para perder de vista
a eternidade


atraco a banco armado


SEN PERDA









_eh, señor!
pódolle facer unha pregunta?


_a ver


_por aquí vou ben para o paraíso?


_pschhh, non lle sei, miña homa!
non son de aquí!



TI-EU-EL-ELA-NÓS-VÓS-ELES-ELAS








Ti e eu...
coñecémonos como estraños, cada quen levando consigo un misterio.

Non podo dicir quen es: se cadra non chegarei a coñecerte nunca de todo.
Pero confío en que es unha persoa por dereito propio, en posesión dunha beleza e un valor que son os maís prezados tesouros da Terra.

Así pois esta é a miña intención:
Non che imporei identidades, estás invitado a converterte en ti mesmo sen vergoña nin temor.
Manterei aberto un espazo para ti no mundo e defenderei o teu dereito a enchelo cunha auténtica vocación.
Pois mentres dure a tua búsqueda, terás a miña lealtade.


Theodore Roszak






SEIXOS

1
non hai lembranza máis triste
que unha infancia lixada
por un veo negro
o veo da imposición pola cara bonita
e que aínda por riba che digan
que é un honor e
que aquí non pasa nada


2
as follas mortas
son inútiles
para confeccionar
vestidos de teas de araña
a exhibir
nas grandes pasarelas
que emerxen do lixo


3
a mentira afoga
en ondas de sombra
coidando estar a salvo
baixo o sol


cando a marea se retira
queda só o esquelete
do que puido ser e non foi
o sol petrifica os refugallos
e o tempo todo o reduce a area
para que os nenos
constrúan
castelos de aire


4
era tan eficiente
que chegou a multar as estrelas
que se pasaban de brillantes


5
baixaba as persianas
das ventás dos seus soños
antes de que o iluminasen


6
lanternas tatexantes
proxectan escuridades
intermitentes









ESCUDO FOTOSENSIBLE CONTRA FRECHAS ENVELENADAS



1
canto máis alto voa a águia
máis baixo cae
quen tenta desplumala

2
depredar
é un apoderamento inútil
non che dá competencias
só materia prima
para envasar

3
a cancela está pechada
a pechadura é un erro
a chave é o amor
abrirá
se non é un amor enfermo

4
hai libros moi fermosos
pero só son palabras

ningún pode superar
a experiencia
por mínima que sexa

5
fuxín lonxe da casa
para atopar o amor
camiñei e camiñei
non estaba en ningures

regresei exhausta
e cando entrei pola porta
alí estaba
prendendo o lume

6
a auga permite que o loto floreza
sen chegar a tocar os seus pétalos
máis que cando chove





NOBE NUVES DE NEBE





1.


as gotas andan a gatas
polos tellados de zinc


pin


son beixos
pero non teus


pin
pin


sen fin
sobre 
min




2.


os pexegos maduran
ao sol e ao vento
pequenos soles ventureiros
facéndose
infalibles




3.


os seus brazos de centeo
envólven o pan do meus ecos
son dous remos na auga a vogar
os seus brazos mariñeiros




4.


estou onde dás comigo
alí onde todas as diferenzas se extinguen
alí onde todo rancor
deixa de ter sentido




5.


se non rompemos as cadeas 
mentres estamos vivos
regresaremos sempre
á cidade da morte




6.


o loto
é 
unha perfecta lección de xeometría
tanto ten a pa de cores
pinta un loto
e estarás trazando
a beleza
que se expande
en progresión áurea




7.


ao xardín nin se vai nin se chega
o xardín está en cada un de nós




8.


non podes ver a lúa
porque a tes brillando dentro de ti
cando renuncias a ti
a brilla lúa




9.


a árbore toda está na súa sombra
a planta toda na semente
todo o céo en cada un dos fragmentos
dunha poza rota
pola primeira nube que pasa









SENSASIÓNS

SENSACIÓNS




1.


Fago un niño de mar
na miña mente
onde regresar
se vai frío e chove
e ti non estás
e descubro por azar
que foi todo un soño
do que
non lembrei
acordar


2-


Un río vai 
como unha bala
polo val dos aloumiños
e cae a cachón
en arroutada
entre penedos de dedos
de (de)lirios


3.


Ándanme pola pel
singraduras de paxaros
extáticos
as cornixas do papel
énchense de ecos grafiados
en tinta chinesa
de seda 
fluída




INERCIAS


se te coidas inocente
estás moi equivocado
o que máis cala máis mente
a omisión é pecado








RECURSOS






1

no vento do meu corpo
abanean as pólas
dunha árbore de olladas
que nunca verifico
non vaia ser
que se desintegren
en pantallas
tridimensionais



2

o ar negro non lixa o meu nariz
a nube de contaminación
non me impide a visión

levo máscara antigás
levo gafas negras

vou polo universo
coma quen vai
polo camiño
de volta 
a casa



descrición somera:


a cheminea fumega
a vella pela patacas
o vello vén na gamela
vogando cara terra
coas nasas cheas de nécoras
e marallocas da pedra


vai frío 
e xa chego




3


bebín na fonte do insulto
para vivir de sede


auga redonda
verdinegra
fica inmóbil
no fondo do pozo






4


o día estumballado ao sol
observa o ar / peito de látex


os ollos non están de acordo

rectifican
o baleiro do vidro
no
papel de lixa




DECIDIDO!!!



punto de chegada
nin un paso atrás


batín tantas veces na mesma 
pedra
que decidín 
facer dela
unha escultura voadora


(blis...blis)

e
guindala moi lonxe


(fiuuuuuuuu)

na superficie da auga


(glub!)

a ver cantos chimpos pega


(plis) (plas) (plis)

cantas ondas concéntricas
é quen de xerar


(((ar)))

na pátina superficial


(sushhhhhhh)

deste universo precario 
e
eventual


/nt/

que 
chamamos

a miña vida


ese conxunto de máscaras


(jua,jua)

de
cristal 
encefalográfico


falo


gráfico


%   ?

OS PUNTOS CARDINAIS SON TRES: NORTE E SUR


1


hai  ollos explosivos
que estoupan en miradas negras
e hai chemineas verdes
onde debía haber chamas


2

as ás do desexo dan
cunha nube conquistada
chove miudiño chove
chuvia de ansias de fume


3

van polas miñas arterias
minas de sons uranianos
levados por caracois
incendiarios


4

escóranme todos os campos 
gravitatorios
cando me poño a sorrir
inmune-mente


lume de auga