0
estou lendo a poesía
máis fermosa da miña vida
toda a que envolve
este instante
só preciso unha vela verde
para a conexión
1
a onda que me levou
o camiño que me intuiu
o reflexo que me reflectiu
o eco que me degradou
2
isto non é un adeus
abondo traballo ten
con ser sempre
un ata despois
3
non teño máis arriba
nin máis abaixo
ca ti
por exemplo
4
ese lugar afastado
onde prefires ubicarme
é incómodo e
está moito máis cerca
do que comunmente se admite
por pura comodidade
5
gústame o sur
o sur de min mesma
6
toda escrita QUERE deixar sedimento
mesmo cando é cero
o que se comunica
7
do que che digan nin caso
de como cho digan algo
do que non che digan todo
8
faime graza o voso sol
hai tantos!
Gaudí (cousiñas que se poden facer cos pratiños rotos) |