A pel berra
Os ollos doen
A cabeza ándame como un bombo
Todos os meus desexos van electrificicados
Tamén a brisa intermitente da mañá
que nace vella
Cidade enchufe
Cidade cable
Cidade rede de sumidoiros
para a captura do espanto
Nas confluencias das rúas
ondas de fedores descoñecidos
arrastran os estandartes do submundo
Todo parece sorrir
pero todo por dentro chora.
Pouca música neste abismo sonoro
Eterno rumrum
Non hai noite
A lúa brillando en van
declina competir coas farolas
Cidade insomne
Soños toldados de ocre rota.
Como por pura ironía
sinto unha canción lonxana
en inglés arrastrado de radio mal sintonizada
que traducindo vén dicir algo así como:
calquera cousa que che axude a pasar a noite
paréceme moi ben
ou sexa:
safa como poidas
porque isto é o que hai
Cidade patética
Canellón sen saída
túnel de tempo |