baixada ao céo
subida ao inferno
A imaxinación poténciase con sonidos
e satúrase con imaxes:
cando "oímos" unha palabra
actúa a imaxe mental asociada,
é dicir, imaxinamos.
Cando vemos unha imaxe
non hai nada que imaxinar.
Dicir que unha imaxe vale máis que mil palabras
é unha gran mentira
no terreo da imaxinación
aínda que é unha mentira moi rendible
no ermo da publicidade.
HUMUNCULUS CIBERNETICUS
Nace do humus electrónico
á sombra dos bosquescables horizontais
onde pousan sinestésicos
os paxaros do sentido ecléctico.
Hai unha poeira caendo
si, caendo
en todo o que non dixemos
en todo o que non fixemos
en todo o que non acreditamos
si, unha poeira pousando
entre a herba azul
dos pensamentos máis negros.