tiritas derretidas



o día traía espiñas
pero tamén collín rosas

o día traía espigas
e afiamos os fouciños

o día traía  minicentrais e encoros artificiais
pero os ríos rebentaron

o día traía frases furtivas
e deunos a risa peripatética

para abrasar o frío