BICOS-PÁTINA


Gaudí, sempre Gaudí
arquitecto da totalidade
con pequenos fragmentos
alicatando o nada



sinto un bombeo incesante de turbinas case en off
e un machacón zumbido de maquinaria mal engrenada
ouveando contra a resistencia de metais enferruxados.

decátome de pronto que non é o meu corazón
amarrándose aos restos do último naufraxio...
é a marea que sobe e sobe
anda á procura dos barrios máis altos da cidade...

quere patinalos de bicos negros de arneirón
quere enterralos en sepulcros tallados en tatuaxes
de minuciosa voluptuosidade


amarellesbravos: Despois do ultimatum

Cantos de Monzo