cha...cha...cha
nunha terraciña urbana do carallo
que ocupa a case totalidade da ínfima beirarrúa
falo animadamente con alguén en galego dialectal
rápida e ironicamente
á miña dereita hai un grupiño
que fala en castellano de Castilla con tempos compostos
á miña esquerda
dous con pinta de escoceses
levan horas falando e falando nun inglés que non é o da BBC
colapsado de xestos e gargalladas
retranqueiras
distingo nitidamente unha frase a modo de refrán: fuck inglish!!!
ecoando entre os cascos das cervexas baleiros
a súa capacidade de cachondeo falando semella inesgotable
(supoño que é porque teñen abondo de que
e ademáis enténdense mesmo cando non din nada)
marchamos do bar comentando:
QUERRÍCULUM O CAFÉ VERDE!