VOU CAMIÑANDO Á BEIRA DO MAR
por unha praia longa e neboenta
AO LONXE ALGUÉN CAMIÑA CARA MIN
só é un punto agrandándose a medida que se aproxima
CADA VEZ A MAIOR VELOCIDADE
agora distingo que é un humano melenudo
E VÉN COMO UNHA BALA AO MEU ENCONTRO
cando por fin conseguimos ollarnos
NON ME DÁ TEMPO DICIR NADA
en cuestión de segundos colisionamos
O IMPACTO É PERFECTAMENTE SILENCIOSO
de novo volvín bater coa miña sombra
PARA CONSEGUIR VIVIR EN ESTADO DE ASOMBRO