BOIAS





neutralizo  balas
atrasadas
con grandes doses de sal
e autoestima
devóroas
alegremente


fíxenme inmune
a  radiacións
de caducidade
limitada


o meu paracaídas
non consente
máis tonteriás
das necesarias


as balas atrasadas
en prosa e en verso
para quen guste
do uso sistemático
de supositorios
contra a gloria do día
e a melancolía
da noite indemne


sós ou en compaña
nunca é doado
bater co corazón
dun tolo
que se nega teimudamente
a posibilidade
de calquera momento
de lucidez


prescindo 
de imaxes alusivas
despois de todo
son todas 
tomas falsas