o nada ve nada en todos lados
incluso en si mesmo .....
o nada é dadá que afoga en seco
estou empezando a pensar
que a dereitona é ben nihilista
por definición:
actúa sen ilusión
da fé fai unha reserva
onde ter un deus secuestrado:
" papa as ostias que che dou
e cala a boquiña, non digas nada"
iso, todo o mundo caladiño
non vaia ser que todo se saiba
e así chegue todo o mundo a catedrático,
a ver despois quen vai á fábrica
ou se mete a matón da mafia,
o sistema necesita matalotes e incautos.....
ao nada todo lle vale
con tal de non asumir
que hai outros puntos de vista
e cada punto é un centro
e cada centro unha maneira de vivir
chea de contidos
non sempre tirados de enciclopedia
se alguén me di: revolución!
eu dígolle: vaite criar primeiro!
durmido ou esperto
o nihilista, só por foder, nin soña
e calquera realidade é capaz de convertela
en pesadelo.
conxunción verde-amarela-laranxa |