ESCUDO FOTOSENSIBLE CONTRA FRECHAS ENVELENADAS



1
canto máis alto voa a águia
máis baixo cae
quen tenta desplumala

2
depredar
é un apoderamento inútil
non che dá competencias
só materia prima
para envasar

3
a cancela está pechada
a pechadura é un erro
a chave é o amor
abrirá
se non é un amor enfermo

4
hai libros moi fermosos
pero só son palabras

ningún pode superar
a experiencia
por mínima que sexa

5
fuxín lonxe da casa
para atopar o amor
camiñei e camiñei
non estaba en ningures

regresei exhausta
e cando entrei pola porta
alí estaba
prendendo o lume

6
a auga permite que o loto floreza
sen chegar a tocar os seus pétalos
máis que cando chove