1
hai ollos explosivos
que estoupan en miradas negras
e hai chemineas verdes
onde debía haber chamas
2
as ás do desexo dan
cunha nube conquistada
chove miudiño chove
chuvia de ansias de fume
3
van polas miñas arterias
minas de sons uranianos
levados por caracois
incendiarios
4
escóranme todos os campos
gravitatorios
cando me poño a sorrir
inmune-mente
lume de auga |