COORDENADAS

se usamos as palabras
para enganar deliberadamente
tecemos con fíos falsos
a propia escravitude


*********


as palabras espidas
de orgullo e de envexa
permiten que cheguemos
a coñecer o verdadeiro nome
de cada cousa


********


hai que ver o mundo fronte a fronte
para que veñan abaixo as goridas
do medo
cando non hai onde gorecerse
o medo desaparece


*******


ningunha crema facial
ningunha cirurxía
conseguirá que  un rostro 
resplandeza de amor