1.
as gotas andan a gatas
polos tellados de zinc
pin
son beixos
pero non teus
pin
pin
sen fin
sobre
min
2.
os pexegos maduran
ao sol e ao vento
pequenos soles ventureiros
facéndose
infalibles
3.
os seus brazos de centeo
envólven o pan do meus ecos
son dous remos na auga a vogar
os seus brazos mariñeiros
4.
estou onde dás comigo
alí onde todas as diferenzas se extinguen
alí onde todo rancor
deixa de ter sentido
5.
se non rompemos as cadeas
mentres estamos vivos
regresaremos sempre
á cidade da morte
6.
o loto
é
unha perfecta lección de xeometría
tanto ten a pa de cores
pinta un loto
e estarás trazando
a beleza
que se expande
en progresión áurea
7.
ao xardín nin se vai nin se chega
o xardín está en cada un de nós
8.
non podes ver a lúa
porque a tes brillando dentro de ti
cando renuncias a ti
a brilla lúa
9.
a árbore toda está na súa sombra
a planta toda na semente
todo o céo en cada un dos fragmentos
dunha poza rota
pola primeira nube que pasa