SENSASIÓNS

SENSACIÓNS




1.


Fago un niño de mar
na miña mente
onde regresar
se vai frío e chove
e ti non estás
e descubro por azar
que foi todo un soño
do que
non lembrei
acordar


2-


Un río vai 
como unha bala
polo val dos aloumiños
e cae a cachón
en arroutada
entre penedos de dedos
de (de)lirios


3.


Ándanme pola pel
singraduras de paxaros
extáticos
as cornixas do papel
énchense de ecos grafiados
en tinta chinesa
de seda 
fluída




INERCIAS


se te coidas inocente
estás moi equivocado
o que máis cala máis mente
a omisión é pecado