Chuviame-teórica



democracia x

A fin do mundo non veu
pero o futuro non chega

mentira!
o futuro xa está aquí
teso e ben afumado
calvo e barbeado
co pescozo ben atado
a unha gravata
que pendura
chantada no sol por un cravo
que é o que nos quere meter a nós
cando veña
se é que vén

cando chegue
non o recoñeceremos
así
de traxe e maletín
ciberconectado
a un presente
que nin se toca
nin se sente
pero cheira............
a ..........................
..................pachuli




ciborgcracia

séntese un zunido de computadoras
baixo unha chuvia persistente
de resentidos fósiles con forma de recibo
que dá varias veces a volta ao mundo

e digo eu
quen falará en nome dos carpantas,
analfabetos cibernéticos,
que non están nin estarán nunca
conectados?
quen terá en conta
a súa opinión
non computable
nas estatísticas das momias?




encapsulados

profe, se metemos un ser humano nun bote de cristal e pechamos, morre?

pois.......creo que vas ter un problema para dar co cacharro adecuado.