INVICTO

Dende a noite que paira sobre min,
negra coma o seu insondable abismo,
agradezo aos deuses se existen
pola miña alma invicta.

Caído nas gadoupas da circunstancia
ninguén me viu chorar nin pestanexar.
Baixo os golpes do destino
a miña cabeza ensanguentada segue ergueita.

Máis alá deste lugar de bágoas e ira
xacen os horrores da sombra,
pero a ameaza dos anos
encóntrame e encontrarame sen medo.

Tanto ten que o camiño sexa estreito,
que a sentencia veña cargada de castigo.
Son o amo do meu sino;
son o capitán da miña alma.

WILLIAM ERNST HENLEY