1
Só existe aquilo
ao que lle damos
trazas de
viabilidade
2
Non entendo todo o que penso
Nin escribo todo o que entendo
Nin publico todo o que escribo
Sería terrible!
3
O horror é unha cuestión de enfoque
( a non ser que se impoña pola súa masa
ao xeito fascista)
igual que a felicidade
igual que o amor
e todo o demáis.
4
O viño hai que facelo /
O vinagre faise só.
5
O tempo non conta nada
pero á final
a idade é o único que conta.
O varón sempre quere
carne fresca no prato.
6
Ser terrible é unha condición
non unha esencia irreversible.
Só hai que enfocar correctamente.
É dicir, de maneira favorable.
Como a navegación a vela.
E cando non hai vento
que propulse a nave,
un déixase ir ao pairo,
que é como ando eu hoxe.
Libre de toda influencia negativa.
E non me refiro a ninguén en particular.
4 bis
O viño tinto sementa poesía no corazón
e
negrura na alma:
se tentas focar a cuestión
dáste conta
que hai tempo
que o obxectivo
prefire ir desenfocado.
7
Bebín co meu amigo
dúas copiñas de máis
e síntome que nindiola,
fóra da misa
e dos confesionarios.
Aos curas que lles dean polo cú
e a todo o obispado.
Desprazándonos en s
alonxámonos de toda doctrina
e pódoche asegurar
que aí vívese coma deus
á hora do aperitivo
sen ósos nin espiñas.
8
Busca a vida nas pantallas
e darás con ela electrocutada.
9
Xa que non falamos do mesmo tema
nin compartimos idioma
será mellor
nin compartimos idioma
será mellor
que non me mandes máis mensaxes,
teño colapsada a caixa de correo
e perdín a clave.
mensaxe linguodental |