se o amor fose lume
o meu hai ben tempo
que tería calcinado
todo o teu territorio
o amor (con permiso da retórica árabe)
é auga que dá vida
e abastece os máis puros mananciais
e a auga
literalmete
non arde
a non ser que algún prestidixitador
a transforme
en augardente ( para facer conxuros na noite)
na auga mergullo
o arpón semántico
para capturar soños
en edición facsímil
ricamente ilustrada
con miniaturas xigantescas
asinadas
en pan de ouro
saúde (toda ou nada)
e
Terra (a que quede)