EU NO ESPELLO

Narciso
de Vladimir Kush

hoxe moi cedo
acadas un tempo récord
petrificado
o trofeo é unha imaxe sen perfil
de puro plana


á hora de xantar
preparas asado de contusión
de postre quédanche de onte
raspaduras de diamante enferruxado


abrázaste como podes
ás horas coma moscas
todo son ás debulladas


alguén che manda un cablegrama
inalámbrico 
e ti poste a camiñar
sen dar un só paso


deseñas con mans sen dedos
un mapa de ánimas
unllas locomotoras
trazan feridas na paisaxe


un puñado de duchas
fanche sinais no espazo
oco dun cero
ignóralos
agora só estás atenta
a un acento inmóbil


proxecto a ser realizado no 2025, alá polo mes de maio