A BORDO









non aturo o meu patrón
a súa ladaíña de xuramentos e pensamentos nefastos
abráiame e pon o meu sistema nervioso
feito un lío
para protexerme boto un ferrollo mental
e deixo ecoar a súa voz procurando escorrer o bulto
ata que se poña a fungar desnortado
convencido de que o que di é en van
e por unha orella me entra
e por outra me sae


percorremos xuntos xa algúns mares
termamos das mesmas rédeas na garupa do mesmo cabalo
pero o seu xenio sempre aceso
faime reaxir en contra súa
e procuro andar á espreita de que a súa ira non me atinga


se noto que fixa en min a súa atención
sei que haberá cilada
e entón viro o rumbo
por se acaso


ademáis ultimamente non estou para tonterías