engadir lenda |
COLECTIVISMO
disfruta da túa merda en paz
ninguén che agradecerá que a compartas
ANTIMOSQUITOS
repele toda influencia nefasta
cada quen que coma da súa agonía
INTERFERENCIAS
mensaxe antisuicida:
tomarei algo aínda que non me entusiasma a música ambiental
pode alguén interferir esa sintonía?
ÁNIMO!
depredadores de enerxía allea:
ide mamar, que son dous días
AVARÍAS
hai unha grave avaría
nos circuitos colapsados do meu corazón
de anilina
PASADO DE ROSCA
gustaríame de verdade
mandarche un billete de ida ao paraíso
pero só quedan de volta (de)
PAIXÓN POR TODO
pobres de nós
o día que esquezamos
que algunha vez fomos inxenuos
entregados & felices
porque ese día
pasaremos a formar parte
do mercado carne picada
para hamburguesas