fóra das peaxes



non será o medo á loucura o que nos obrigue a baixar a bandeita da imaxinación

a preguiza .....a canseira dos demais non me atraen, abúrrenme infinitamente

quero que cales no xusto momento que deixes de sentir

a diversidade é tan ancha que nela caben todos os tons da voz, todos os modos de andar, de tusir, de asoarse  de espirrar 

de amar coma tolleitos 

a terra dos vencidos

de camiño cara a Vigo
paro a tomar un tentempé
nunha taberna aldeá ao pé da estrada 


Maruxiña!, di alguén, trasme un café?
Ummmmmm, non che traio nada!
Veña, muller, que che dou un biquiño! muuuuuuuuuu, apirulando os beizos cara fora varias veces
Saca de aí!
Pois agora non cho dou e trasme o café, vale?

Cando o rapas empeza a beber o café acompañado dos amigos, chega unha moza máis ou menos da súa idade visiblemente afectada polo encontro consabido. Establecen unha conversa típica tópica utópica na hora tropical e ela marcha coas mans nos petos do pantalón mini ollando cara atrás mentres atravesa a estrada provincial. E vai el e bérralle: Mira pa diante, Sabela, que che vai levar por diante o coche de liña!