CRÓNICA SINCRONIZADA



POEMA INSTANTÁNEO
tomado á sete do serán


en Neptuno choven patadas de putón
as forzas de inseguridade cidadá
(lacaios disfrazados de cascudas)
cargan contra xente desarmada
.......a corresponsal da emisora estatal
non distingue nada ben
dende a empalizada 
unha locutora en of
pon narración e voz adecuada ás circunstancias
os deputados traballan 
para que continúe indemne 
os sistema das putadas
a gobernacion declara
que as manifestacións arredor do congreso son legais
sempre e cando
se manteñan a distancia
1350 profesionais
da violencia codificada e civilizada
en cómodas cápsulas humanas
contra berroas e mans alzadas
mentres
Esperanza  respira tranquila e satisfeita
da súa gloriosa dimisión
e non tarda en aparecer un petardo
que lle agradece os servicios prestados con tanta gracia
mentres
os nenos sirios narran como poden
o desastre da súa infancia inmolada

en fronte do hotel Palace
a carga é brutal
os especialistas asáñanse con ansia
collen ao chou un detido
as leiteiras non traen leite a Neptuno
traen ostias consagradas
a marea humana berra dimisión
e di non en todos os idiomas
contra as explosións da factoría do odio profesional
unha cámara grava cámaras que gravan
cómpre protexer o templo
da Expaña invertebrada
nunha democracia de sifón
ben amañada cos tendeiros do tedio
dobre valado de corpos de inseguridade
para garantir que os e as putas traballlen
tranquilos, que aquí non pasa nada
mentres
o goberno asegura que o fondo de rescate autonómico
se activará esta semana
unha deportista de élite afirma que non todo vale
para conseguir o ouro e o mouro
noticia de portada
mentres 
unha estúpida con nome real e moito bombo
sentencia que non é elegante sacar a relucir a merda
cando non toca
mentres
a Pénélope Cruz danlle medo as decisións que se están a tomar
en materia de educación 
e a min horrorízame a política sanitaria
e a inutilidade do cinema de condón

en Neptuno cada vez hai máis xente
e máis tensión
un run run de marea humana que non para
e unha chuvia de detonacións
mentres 
Obama lembra que as embaixadas americanas son sagradas
e
en Soria aseguran que a luz lles baixará un 2.2 por cento
tras unha subasta eléctrica
e
non se entende que entre os manifestantes haxa pensionistas
é que acaso ignoran a cantidade de millóns asignados ás pensións?

momentos de tensión
na súa canle estatal de televisión

exnadadoras de natación sincronizada
denuncian abusos

arranca SIUMO NETWORK

a bolsa é un fluído continuo de prodixiosas fluctuacións

inditexplotación de mulleres sobe máis dun 90 por cen
mentres
milleiros de persoas que amo
rodean un congresodosdeputados blindado por cascudas profesionais
da violencia feita ciencia
contrato fixo
dedicación exclusiva
altas prestacións
submisión
absoluta
a Moloch







solidez inclinada





mentres tanto, non hai coidado,
todo o mundo pode abrazarme
todo o mundo, agás ti
que prefires as miraxes  do deserto
a admitires ser eu
o teu momento mutante





equilibrismos








na sociedade totalmente permisiva
non se permite nada
que non sexa
calquera cousa

&

e así todo queda cousificado
etiquetado e codificado
para o consumo







curuxeira




para manterse no difícil equilibrio
das pedras 
que axexan pacientes
como lles nacen plumas
para pousar o voo








licencia para errar








é o vento
quen pon a voar
o teu pelo
en movemento

é o tempo
ennovelando 
en ristras de poemas
a inocencia 
do silencio
que nos vén ben visitar

é a erosión
calcañar de aceiro
ión de eros en acción
sexo branco
das pedras
traballadas por unha icógnita
a non despexar

si, podes preguntar
a respostas van no vento
e nos feitos
aínda por imaxinar

a indixencia das esporas
esparéxese ao azar
no medio e medio do medo
no medio e medio do mar




arrecende a azar







toda a casa ole a nardos

será que
 están a florecer
entre os meus dedos
limoeiros?







pelouro



no parque infantil abandonado
os bambáns aínda abalan
impulsados polo desexo
imperfecto
dos meniños que non regresaron