é o vento
quen pon a voar
o teu pelo
en movemento
é o tempo
ennovelando
en ristras de poemas
a inocencia
do silencio
que nos vén ben visitar
é a erosión
calcañar de aceiro
ión de eros en acción
sexo branco
das pedras
traballadas por unha icógnita
a non despexar
si, podes preguntar
a respostas van no vento
e nos feitos
aínda por imaxinar
a indixencia das esporas
esparéxese ao azar
no medio e medio do medo
no medio e medio do mar