eu debería estar no outro lado do espello
.
.
. . .
. . . . . .
o meu boli de todacen é de tinta transparente
e vai enchéndose enchéndose
a medida que escribo
sobe o nivel
pero teño dificultades para
dar co papel
que poida revelar
o negativo
deste potencial
inesgotable
das palabras
en rebelión
contra a
linguaxe
manipulada
dos sicarios
claro que
isto e nada
é todo un
pero eu
prefiro
isto
ao
na
da
..................
tiritas derretidas
o día traía espiñas
pero tamén collín rosas
o día traía espigas
e afiamos os fouciños
o día traía minicentrais e encoros artificiais
pero os ríos rebentaron
o día traía frases furtivas
e deunos a risa peripatética
para abrasar o frío
imaxina sen imaxes
baixada ao céo
subida ao inferno
A imaxinación poténciase con sonidos
e satúrase con imaxes:
cando "oímos" unha palabra
actúa a imaxe mental asociada,
é dicir, imaxinamos.
Cando vemos unha imaxe
non hai nada que imaxinar.
Dicir que unha imaxe vale máis que mil palabras
é unha gran mentira
no terreo da imaxinación
aínda que é unha mentira moi rendible
no ermo da publicidade.
HUMUNCULUS CIBERNETICUS
Nace do humus electrónico
á sombra dos bosquescables horizontais
onde pousan sinestésicos
os paxaros do sentido ecléctico.
Hai unha poeira caendo
si, caendo
en todo o que non dixemos
en todo o que non fixemos
en todo o que non acreditamos
si, unha poeira pousando
entre a herba azul
dos pensamentos máis negros.
miras como non se ve ou ves como non se mira?
imaxina sen imaxes
puras formas deformadas
soñas que xa non soñas
pensas sen pensamentos
sentes a anestesia
lembras a amnesia
todo o tempo chove en seco
se pos a auga a remollo, inchará?
usa pigmentos incoloros
activismo da inacción
parálise hiperactiva
falar en silencio
calar a berros
almorzar xexúns
navegar sen nave e sen ego
remar nun mero mar de REM
só son sons procesados pola caligrafía errante
do vento que sopra
nos mapas da ubicuidade
Assinar:
Postagens (Atom)