camuflaxe cuántica






agora son unha cicatriz verde
nos penedos da ribeira
ás veces soño que son un elefante encarnado
fuxido do zoo
que emigra cara o sur moi lonxe da neve eterna
outras veces son un mapache
que dorme todo o inverno
no soto abandonado
ou un esquío comendo galletas caducadas
enriba da neveira
xa non hai ninguén que mo teña en conta
nin eu tampouco











horas lectivas



os nenos no recreo
fan dos dos seus berros xogos
que rebotan
contra as paredes de cemento
do patio concertado

o bruído informe
semella o dos paxaros dunha  palmeira xigante
a ensaiaren
voos sincronizados

mentras

as vellas lombas verdinegras de Teis
votan unanimemente
que se firme un pacto duradeiro
coa chuvia







Chuviame-teórica



democracia x

A fin do mundo non veu
pero o futuro non chega

mentira!
o futuro xa está aquí
teso e ben afumado
calvo e barbeado
co pescozo ben atado
a unha gravata
que pendura
chantada no sol por un cravo
que é o que nos quere meter a nós
cando veña
se é que vén

cando chegue
non o recoñeceremos
así
de traxe e maletín
ciberconectado
a un presente
que nin se toca
nin se sente
pero cheira............
a ..........................
..................pachuli




ciborgcracia

séntese un zunido de computadoras
baixo unha chuvia persistente
de resentidos fósiles con forma de recibo
que dá varias veces a volta ao mundo

e digo eu
quen falará en nome dos carpantas,
analfabetos cibernéticos,
que non están nin estarán nunca
conectados?
quen terá en conta
a súa opinión
non computable
nas estatísticas das momias?




encapsulados

profe, se metemos un ser humano nun bote de cristal e pechamos, morre?

pois.......creo que vas ter un problema para dar co cacharro adecuado.















escamas nas ás



disfrazado de serpe
sssssssssssssssi
o futuro leva o reloxo adiantado
tikitikitikitak
cando chega ao agora
aínda está vivo
si     si       si
pero aos poucos minutos morre
tritratretritratre
de frío

refrán: botar o carro antes ca os bois é como volver sen ter ido

Alalá das Mariñas





Teño unha casiña branca 
na Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor
e estou vivindo no ceo. 

Ailalala, ailalala..

Adiós á miña casiña, 
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña, 
sombra do meu laranxeiro 

Ailalala, ailalala..




O grupo Milladoiro rescatou do esquecemento esta vella cantiga popular  na voz remota de Faustino Santalices, unha vella gravación que, creo lembrar, está feita nun cilindro de cera...cera contra o esquecemento e os apagóns.







INVICTO

Dende a noite que paira sobre min,
negra coma o seu insondable abismo,
agradezo aos deuses se existen
pola miña alma invicta.

Caído nas gadoupas da circunstancia
ninguén me viu chorar nin pestanexar.
Baixo os golpes do destino
a miña cabeza ensanguentada segue ergueita.

Máis alá deste lugar de bágoas e ira
xacen os horrores da sombra,
pero a ameaza dos anos
encóntrame e encontrarame sen medo.

Tanto ten que o camiño sexa estreito,
que a sentencia veña cargada de castigo.
Son o amo do meu sino;
son o capitán da miña alma.

WILLIAM ERNST HENLEY 









noite de reis





sentín toda a noite
andar os kamelos
das súas maxestades pantasmagórikas
kargados de cousas inútiles

kon elas tamén ía o demo
mendigando beatas
e mamadas a granel

sempre hai un rito roto para un deskosido







comunicado das brigadas rosas




manchos de manchas amarelas na paisaxe verde dominante

moitos limóns

laranxas a patadas

comandos de caléndulas florecendo sen permiso da administración

bandadas de capullos ventureiros fóra da estación

musgo

cristas de lume sólido

augas magnéticas

e

colectores de lixo desbordados

na periferia da desolación

stop