de autoría descoñecida




sen trono nin norte

vistes con lóstregos

o teu reino espido

de mapoulas tráxicas

...

a xenerosidade máis alta

é un luxo

que só poden permitirse

os que van de baleiro pola vida

...

a lúa xa non está en flor

o inverno fica conxelado

desapareces de súpeto

como as ondas que se deteñen na superficie da auga

cando esta acaba adaptándose

á superficie que a contén

...

quen te quere son eu

non outro co meu rostro