BRILLANDO POR AUSENCIA






as gadoupas do espacio
abren unha ferida que fala idiomas
.....no gume das palabras
as unllas medran


DISTANCIA


^^^^^^^^^




toda dose de veleno é excesiva
todo paso que se dá é cara o Norte


RUMBO




^^^^^^^^^


abro un enlace virtual
a un deserto de astros apagados
son dunas de olladas negras
todo pupilas incandescentes


VÍNCULOS




^^^^^^^^^


as letras desta agonía
petrifican mareas de morcegos
sen cova, sen ás, sen ritos
encriptan silencios rotos
por unha avaría múltiple


AVARÍA




^^^^^^^^^


as palabras do supermercado
son plumas resignadas
cando protestan
transfórmanse en poesía
para rebentala


OBXECTIVOS DISQUE




^^^^^^^^^


nacen de balas-pétalos
flores-bomba
con efectos retroactivos


EXPLOSIÓN


^^^^^^^^^


retroalimento esta dor
ata que esvaece sen sentido


RUMIANDO


^^^^^^^^^


nas minas do paraíso
dou cos filóns da sintaxe
excavo fume no cuarzo
para que cristalice
nun beixo
que nunca 
atoparás no dicionario


MINAS ABANDONADAS


^^^^^^^^^


espreito nun recanto sen wifi
a chegada de abrazos dinamitados
presentando 
a súa carta de dimisión


RENUNCIA


^^^^^^^^^


as águias da miña risa
devoran vérmes de espanto
e énchenme as ás de brisa


PAIRANDO SEN ÁS







A CRIPTA DO TESOURO






que hora é?







tomando un té da sorte
deume un espasmo de morte






amar a historia de sempre
é un abismo de fume
para quen guste do inerte






sen beber nada de nada
chego á meta da miña alma
sen ás e morta de sede
reconfórtome con cava






véxome pairar
libre dos meus obxectivos






acabáronseme as cores
o nada é transparente






unha nube de ideas cristalizadas
voltouse cubo de xeo






a miña cabeza dun golpe
desprendeuse do entusiasmo






galiza abre as pálpebras
todos os barros romperon
as pernas buscan a carne
os ollos buscan o céo






a miña cama socava bombas
para o clamor dos teus beixos
a vida afogada navega
a toda vela






hoxe son sombra total
sol, béixame cos teus raios
quero expandirme en  abrazos
por detrás da túa ollada





A BORDO









non aturo o meu patrón
a súa ladaíña de xuramentos e pensamentos nefastos
abráiame e pon o meu sistema nervioso
feito un lío
para protexerme boto un ferrollo mental
e deixo ecoar a súa voz procurando escorrer o bulto
ata que se poña a fungar desnortado
convencido de que o que di é en van
e por unha orella me entra
e por outra me sae


percorremos xuntos xa algúns mares
termamos das mesmas rédeas na garupa do mesmo cabalo
pero o seu xenio sempre aceso
faime reaxir en contra súa
e procuro andar á espreita de que a súa ira non me atinga


se noto que fixa en min a súa atención
sei que haberá cilada
e entón viro o rumbo
por se acaso


ademáis ultimamente non estou para tonterías

MENSAXE PARA NINGUÉN







A indignación, como a rabia, pégase
Pero non enferma nin mata  ninguén

Todo o contrario

A ver se aprendemos 
a manexar correctamente 
os sinónimos
Se o que queremos
É non quedar calados

ou que nos metan un bozal
ou que nos leven a poñer 
unha inxección letal

INDIGNÁDEVOS, IRMÁNS,
PERO, POR DEUS, NON BABEDES




mareas vivas


FOGUEIRAS DE SANXOAN

engadir lenda




COLECTIVISMO


disfruta da túa merda en paz
ninguén che agradecerá que a compartas






ANTIMOSQUITOS


repele toda influencia nefasta
cada quen que coma da súa agonía






INTERFERENCIAS


mensaxe antisuicida:
tomarei algo aínda que non me entusiasma a música ambiental
pode alguén interferir esa sintonía?






ÁNIMO!


depredadores de enerxía allea:
ide mamar, que son dous días






AVARÍAS


hai unha grave avaría
nos circuitos colapsados do meu corazón
de anilina






PASADO DE ROSCA


gustaríame de verdade
mandarche un billete de ida ao paraíso
pero só quedan de volta (de)






PAIXÓN POR TODO


pobres de nós
o día que esquezamos
que algunha vez fomos inxenuos
entregados & felices
porque ese día
pasaremos a formar parte
do mercado carne picada
para hamburguesas



EU NO ESPELLO

Narciso
de Vladimir Kush

hoxe moi cedo
acadas un tempo récord
petrificado
o trofeo é unha imaxe sen perfil
de puro plana


á hora de xantar
preparas asado de contusión
de postre quédanche de onte
raspaduras de diamante enferruxado


abrázaste como podes
ás horas coma moscas
todo son ás debulladas


alguén che manda un cablegrama
inalámbrico 
e ti poste a camiñar
sen dar un só paso


deseñas con mans sen dedos
un mapa de ánimas
unllas locomotoras
trazan feridas na paisaxe


un puñado de duchas
fanche sinais no espazo
oco dun cero
ignóralos
agora só estás atenta
a un acento inmóbil


proxecto a ser realizado no 2025, alá polo mes de maio





NUBES

CARTEL

aberto por evolución microcelular permanente




LIMITACIÓNS


quen pensa só co pene tende a identificar paixón e orxía só co sexo
os seus pensamentos dan pena
e con eles só sabe xerar penurias
para torturar e torturarse



EGOÍSMOS

o egísta carece de compaixón
apaixónase só por aquilo que pode alimentar o seu ego
pensa que para ninguén é máis interesante que para si mesmo
sempre está carente de algo
absorve toda manifestación de enerxía que se lle pon diante
é incapaz de dar nin de darse


AUTOAXUDA

saber que sexa como for e pase o que pase
non te vas vender a ningún prezo
asumir que es un ser humano completo
ninguén poderá darche nada que non estea xa en ti mesma




PROPIEDADE PRIVADA


o colectivísmo anúlaa
o capitalismo invádea
( pensamento clarividente do reverendo Chesterton)




como andan os circuitos?

CANTIGA DE AMIGO / Ondas do mar de Vigo - Martin Codax





Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
 E ai, deus, se verrá cedo?


Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
 E ai, deus, se verrá cedo?


Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
 E ai, deus, se verrá cedo?


Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
 E ai, deus, se verrá cedo


Martín Códax, séc.XIII

Dom Dinis "O que vos nunca cuidei a dizer" (Cantiga de Amor)

FILMANDO