SEUDODEMOCRACIA NEOFEUDAL



1. Somos o estado: todo é noso. Para materializarnos escollemos os inimigos nº1 da humanidade, esa panda de sicópatas a sobresoldo que exercen de matóns.

2. Nós facemos a lei e nós facemos a trampa.

3. Vendemos e revendemos a Terra e todo o que nela se move. E o que non se move, poñémolo andar con dinamita de curso legal.

4. Hipotecamos toda forma de vida nos devaneos bursátiles de New York.

5. Non gobernamos. Limitámonos a repartir ostias e as ganancias da desfeita disfrazada de progreso e postos de traballo para o voluntariado que se preste en cada ocasión.

6. Non se sabe que queremos. Querémolo todo. Sempre.

7. Necesitamos carne de canón e de cadea que faga o traballo sucio. Sementamos a discreción entre a poboación: medo, ignorancia, incertidume, desánimo e subvencións. E tamén a ilusión de chegar a vivir dunha honrada pensión.

8. Queda desactivada calquera posibilidade de excelencia  na xestión pública: sanidade, medioambiente, transporte, educación.

9. Fomentando con diñeiro público a xestión privada, garantimos para o vulgo unha boa peneirada de fracasos en cadea que aseguren a sub - misión.

10. Somos un estado policial que sabe como exercer o control. Exhibimos actitudes mafiosas ante as cámaras porque, sinceramente, podemos permitírnolo guste ou non.

11. A vasalaxe está garantida a cambio de desprotección e grandes centros comerciais que fagocitan con éxito económico o ocio e a frustración.

12. Pague vostede on line a súa contribución.



asentamentos futuristas de poboación no rural
cando as mineiras empecen a ofertar postos de traballo

Cemiterio de deseño de Fisterra