SABAS






O SÁBADO é o único día da semana que podo adicar exclusivamente e con intensidade á...perda masiva de tempo. Por iso o domingo non fago nada. Necesito descansar. O resto da semana págoas todas xuntas, pero a min que me quiten o bailado. Para masocas xa temos esa lexión anónima de xente de negociios, corredores de fondo na bolsa da morto a faceren o xogo sen escrúpulos dos banqueiros. Como alguén escribiu moi sabiamente, son tan pobres que só teñen cartos.


Eu, en cambio, teño tempo. Tempo para di-lapidar as súas mentes hipotecadas a unha realidade virtual que só ten  sexo con números.



Co tempo perdido observo con tenrura certos micralitos no areeiro e río  río dos cómputos inútiles. Boto sestas históricas e dou longos paseos polos recunchos máis afastados da miña mente deixándome ás veces caer polos escuros cavorcos do meu corazón, ese lugar inconquistable onde nada se oe que non sexa un incesante murmurio de árbores nacendo.