pensamentos puntuais en forma de conversa con ninguén a propósito de nada. adeus 2012






tranquilo
non vou reincidir na temática da cronoloxía
de feito
nin sequera se trata dun inciso
do tipo

a sombra do ciprés vai atrasada

ou 

chegarei tan tarde ao meu enterro, que teredes que facelo sen min

tontices para evitar falar persoalmente por escrito de quen eu son

verás

a cuestión é a seguinte

isto que aquí aparece virtualmente escrito 
non é eu en absoluto
en todo caso será un fenómeno peculiar e pouco interesante da linguaxe combinada coa electricidade e un certo nivel adquisitivo,
o nivel do cable módem
parece que só propicio para unha comunicación eivada
(que inxenuo pola miña parte coidar algunha vez que se trataba do máis alto nivel)

se alguén pretende coñecer algo de min
a través destas liñas
está real e voluntariamente enganado

estes textos
só son retallos fotográficos
da miña mente
tirados cunha cámara
sen memoria
nin carrete
nin obxectivo

un finximento de ser
o que non é en absoluto
nin foi
nin será.

Así é que
a miña caixa de pandora está intacta
e aínda non se sabe ben
o que nela pode haber de min
se algo hai.

Eu son a miña sorpresa.
A miña vida procuro non usala como pretexto para abrumar a ninguén
e detesto as citas telefónicas,
sobre todo as que están de antemán
por falta de realismo nas expectativas
destinadas ao fracaso.

Con todo, se algún día consigo que te sintas ben
estarei encantada
aínda que non o saiba
que estás ben
que todo está ben
tamén
para min.

Agora,
nin se che ocorra pensar que me coñeces
porque ti a min
non me coñeces de nada
e ti para min
segues sendo
un absoluto misterio
sexas quen sexas
tanto ten.


Ben, cando o medo desapareza
cecais poidamos falar tranquilamente
nunha praza liberada
sen nada que dicir
supoño
que
como
case
todo o mundo.

O carallo vai ser dar co número
e que deas comigo na casa
e que ese día eu estea visible
porque, sabes?
ultimamente aprendín a marchas forzadas
a sublime arte da invisibilidade
para a conexión
con tempos, lugares e falares
remotos.

Nada persoal.
e
Nada cósmico.

Aínda que todo segue sendo
bastante cómico.
En fin.















cachos de sons








podes se queres
facer o morto
pero
as quenllas teñen
motoserras sensibles
aos latexos
amplificados polas augas movedizas
do teu corazón

croinopias








  • Un encontro programado non é tal

  • Case sempre un segundo é suficiente

  • Quen necesita só un minuto, quere máis que un lóstrego na eternidade

  • Non agardes de min que sexa puntual. Mellor que chegar tarde é non chegar

  • Quen chega, chega á súa hora, non á hora dos demais.

  • Hai quen confía na puntualidade como quen agarda a chegada cronometrada dun milagro

  • Quen chega tarde nin oe misa nin come carne: ….. pois non vexo eu que perda nada!

  • O minuteiro debulla unha a unha as pingas que perde a cisterna

  • Cando o reloxo dá a hora exacta e tocan as campás, é o tempo que tira da cadea.




navegaccións




A quilla do significado racha o forro negro das augas
No océano infinito das palabras

O mar sempre navegable practica costuras invisibles no ronsel
Coa precisión fría dun cirurxián plástico
Que roubase fío transparente de nubes de tanza

Do noso paso semella non querer quedar máis rastro
Que unha leve agullada no horizonte
Esa branda bata de guata esfiañada nas rebaixas da paisaxe


mercado bursátil







Coa crise que inventamos
Tentaremos que todo quede a metade de prezo
Para que vostede siga pagando
Máis do dobre do que pagaba antes
Pola mesma cantidade de merda do mercado
OK?

case







A nave atrabesando unha remota selba de bruídos
Métese por un kaneiro escuro e silensioso
Na rota descosida dun semiterio pribado
De sons nunca emitidos

Pasan perto case rosándonos
Nichos de semento armado de compoñentes armónikos en estddo cadavérico
A pasaxe cóbrese de follas amarelas
Follas xigantescas que se abren
Se abren

Na proa abandonada á súa sorte
Non queda máis que a konsiensia de alguén
Que se xulga soñando de pé cos ollos abertos
A visión regulada por un obturador automátic
ke remotamente se pecha
pechándose para sempre

sé finí




como non hai criado nin chacha
alguén terá que preparar algo para o xantar limpar ventilar encartar dirixir as manobras no barco
todas elas accións mal levadas
coa literatura de folletín
que nunca acaba de entregarse 











isotopía negantrópica















folla
peixe globo
caneiros de cor
mapa de óxido
flor manta 
arterias lentas
bolboreta de lata
sulcos da seiva
permanencia
fuxida fúlxida
encaixe de células
bodoques 
en cada cifra
todo o bosque
paisaxe
pasaxe
ponte que atravesa colgando
sombras inclinadas 















no soño hai grandes explosions 
de auga

a paisaxe énchese de cadoiros

vou ao seu encontro 
facendo iacusi





hai que ir morrendo!





 morres
se o cres


o día do meu enterro
non contedes comigo

















reserva tóxica







dez anos despois