navegaccións




A quilla do significado racha o forro negro das augas
No océano infinito das palabras

O mar sempre navegable practica costuras invisibles no ronsel
Coa precisión fría dun cirurxián plástico
Que roubase fío transparente de nubes de tanza

Do noso paso semella non querer quedar máis rastro
Que unha leve agullada no horizonte
Esa branda bata de guata esfiañada nas rebaixas da paisaxe