SABAS
O SÁBADO é o único día da semana que podo adicar exclusivamente e con intensidade á...perda masiva de tempo. Por iso o domingo non fago nada. Necesito descansar. O resto da semana págoas todas xuntas, pero a min que me quiten o bailado. Para masocas xa temos esa lexión anónima de xente de negociios, corredores de fondo na bolsa da morto a faceren o xogo sen escrúpulos dos banqueiros. Como alguén escribiu moi sabiamente, son tan pobres que só teñen cartos.
Eu, en cambio, teño tempo. Tempo para di-lapidar as súas mentes hipotecadas a unha realidade virtual que só ten sexo con números.
Co tempo perdido observo con tenrura certos micralitos no areeiro e río río dos cómputos inútiles. Boto sestas históricas e dou longos paseos polos recunchos máis afastados da miña mente deixándome ás veces caer polos escuros cavorcos do meu corazón, ese lugar inconquistable onde nada se oe que non sexa un incesante murmurio de árbores nacendo.
nivel seis: sex machine
morreu cos rulos postos
- ola, estás ben?
- ben? ben? .......non comprendo. Podo dicirche onde estás se me dis quen es e onde vives
- son guapo?
- guapo? non comprendo guapo. Se me dis quen es e onde estás, podo amosarche en que lugar da túa cidade está guapo
- quéresme?
- non comprendo quéresme. Non aparece nos mapas. Todo sería máis fácil se me deses os teus datos persoais. Descoñezo o teu perfil, só sei de ti o teu número de teléfono e o importe mensual da marabillosa tarifa plana ofertada por illamarabilla S.A.
-ben, de acordo. Pero sentes algo especial por min?
- sentir.....non comprendo. Especial.....si.....a nosa oferta especial para todo o hemisferio norte está a piques de rematar, debes darte présa....pero todo sería máis doado se me dis onde estás
- estou aquí, contigo
- aquí.....aquí é un sitio ambigüo se non me dás coordenadas.....se me dis quen es e onde vives cecais poida axudarte
-non me deixes nunca
- deixar? non entendo deixar. Poderías empregar, por favor, unha expresión sinónima que poida recoñecer?
- abandonar, esquecer
- esquecer.....abandonar, non comprendo. Teño memoria universal próxima e remota. A miña presencia é ubicua. Só necesito ter cargada a batería. Non, non creo que me sexa posible esquecer nin abandonar. O meu cerebro electrónico é de cristal de cuarzo e está acoirazado por unha cámara de aceiro. Pero se me dis quen es quizais poida chegar a esquecerte. Se me dis onde estás poida que sexa posible dar cun lugar para abandonar pppppp..........ppppppppppp..............ppppppppppppppppppp
gas gasa néboa
entra despois do mediodía a pedra lúa
o neboeiro de manteiga sobe
as illas todo volve envolta
por un momento ser nun celofán
desaparecen verde de silencio
azul
as bateas e gris
pacen
liñas discontinuas
entre
as nubes no serán dous ou tres versos
raios dun sol moribundo caen chumbo
as illas cobren a paisaxe líquido
ingrávidas cunha pátina no meu mar
aboian de cobre e capturan
de novo o barrio escualos ávidos
no céo transfórmase nas mareas vivas
nun ópalo(1) do meu mirar
xigantesco sen rumbo
a proa
perdida
(1) no futuro penso que sería máis prudente evitar calquera referencia mineralóxica. Os castróns da interpretación literal poden empezar a facer plans para poñerse a cavar coma posesos.
SEUDODEMOCRACIA NEOFEUDAL
1. Somos o estado: todo é noso. Para materializarnos escollemos os inimigos nº1 da humanidade, esa panda de sicópatas a sobresoldo que exercen de matóns.
2. Nós facemos a lei e nós facemos a trampa.
3. Vendemos e revendemos a Terra e todo o que nela se move. E o que non se move, poñémolo andar con dinamita de curso legal.
4. Hipotecamos toda forma de vida nos devaneos bursátiles de New York.
5. Non gobernamos. Limitámonos a repartir ostias e as ganancias da desfeita disfrazada de progreso e postos de traballo para o voluntariado que se preste en cada ocasión.
6. Non se sabe que queremos. Querémolo todo. Sempre.
7. Necesitamos carne de canón e de cadea que faga o traballo sucio. Sementamos a discreción entre a poboación: medo, ignorancia, incertidume, desánimo e subvencións. E tamén a ilusión de chegar a vivir dunha honrada pensión.
8. Queda desactivada calquera posibilidade de excelencia na xestión pública: sanidade, medioambiente, transporte, educación.
9. Fomentando con diñeiro público a xestión privada, garantimos para o vulgo unha boa peneirada de fracasos en cadea que aseguren a sub - misión.
10. Somos un estado policial que sabe como exercer o control. Exhibimos actitudes mafiosas ante as cámaras porque, sinceramente, podemos permitírnolo guste ou non.
11. A vasalaxe está garantida a cambio de desprotección e grandes centros comerciais que fagocitan con éxito económico o ocio e a frustración.
12. Pague vostede on line a súa contribución.
asentamentos futuristas de poboación no rural
cando as mineiras empecen a ofertar postos de traballo
Cemiterio de deseño de Fisterra
de autoría descoñecida
sen trono nin norte
vistes con lóstregos
o teu reino espido
de mapoulas tráxicas
...
a xenerosidade máis alta
é un luxo
que só poden permitirse
os que van de baleiro pola vida
...
a lúa xa non está en flor
o inverno fica conxelado
desapareces de súpeto
como as ondas que se deteñen na superficie da auga
cando esta acaba adaptándose
á superficie que a contén
...
quen te quere son eu
non outro co meu rostro
Dulce Pontes
LAGRIMA
Cheia de penas
Cheia de penas me deito
E com mais penas
Com mais penas me levanto
No meu peito
Já me ficou no meu peito
Este jeito
O jeito de querer tanto
Desespero
Tenho por meu desespero
Dentro de mim
Dentro de mim o castigo
Eu não te quero
Eu digo que não te quero
E de noite
De noite sonho contigo
Se considero
Que um dia hei-de morrer
No desespero
Que tenho de te não ver
Estendo o meu xaile
Estendo o meu xaile no chão
Estando o meu xaile
E deixo-me adormecer
Se eu soubesse
Se eu soubesse que morrendo
Tu me havias
Tu me havias de chorar
Por uma lágrima
Por uma lágrima tua
Que alegria
Me deixaria matar
Por uma lágrima
Por uma lágrima tua
Que alegria
Me deixaria matar
Assinar:
Postagens (Atom)