Agora, si. Estamos de volta e media , de regreso ao inferniño, cunha pata ghalana e moito tempo morto ao noso dispór. A área fisterrá engancha e sempre quedan ganas de volver para aprender a ver e a mirar ben todos os seus tesouros naturais, que son inmensos. Demos con moitos regatos coma este que nacen e morren cerca do mar. Tan perto que mesmo atopamos un muíño de río nunha praia salvaxe con acceso a pé a través dunha vella calzada romana, non é prodixioso?
Este país aínda non sabe ben o que ten, ou si?
o conto non acaba de calquera maneira!