BICOS-PÁTINA


Gaudí, sempre Gaudí
arquitecto da totalidade
con pequenos fragmentos
alicatando o nada



sinto un bombeo incesante de turbinas case en off
e un machacón zumbido de maquinaria mal engrenada
ouveando contra a resistencia de metais enferruxados.

decátome de pronto que non é o meu corazón
amarrándose aos restos do último naufraxio...
é a marea que sobe e sobe
anda á procura dos barrios máis altos da cidade...

quere patinalos de bicos negros de arneirón
quere enterralos en sepulcros tallados en tatuaxes
de minuciosa voluptuosidade


amarellesbravos: Despois do ultimatum

Cantos de Monzo


cha...cha...cha


nunha terraciña urbana do carallo
que ocupa a case  totalidade da ínfima beirarrúa
falo animadamente con alguén en galego dialectal
rápida e ironicamente

á miña dereita hai un grupiño
que fala en castellano de Castilla con tempos compostos

á miña esquerda
dous con pinta de escoceses
levan horas falando e falando nun inglés que non é o da BBC
colapsado de xestos e gargalladas
retranqueiras
distingo nitidamente unha frase a modo de refrán:  fuck inglish!!!
ecoando entre os cascos das cervexas baleiros
a súa capacidade de cachondeo falando semella inesgotable


(supoño que é porque teñen abondo de que
e ademáis enténdense mesmo cando non din nada)

marchamos do bar comentando:
QUERRÍCULUM O CAFÉ VERDE!




MIRA QUE...


VOU CAMIÑANDO Á BEIRA DO MAR
por unha praia longa e neboenta
AO LONXE ALGUÉN CAMIÑA CARA MIN
só é un punto agrandándose a medida que se aproxima
CADA VEZ A MAIOR VELOCIDADE
agora distingo que é un humano melenudo
E VÉN COMO UNHA BALA AO MEU ENCONTRO
cando por fin conseguimos ollarnos
NON ME DÁ TEMPO DICIR NADA
en cuestión de segundos colisionamos
O IMPACTO É PERFECTAMENTE SILENCIOSO
de novo volvín bater coa miña sombra
PARA CONSEGUIR VIVIR EN ESTADO DE ASOMBRO






VOO


os meus pensamentos
son neste momento
unha tonelada de nata
montada a punto de neve
lixeiros...lixeiros...
non me pesan nada!


... e agora son escuma
de cervexa subindo...subindo
que colocón!

Abandono o deserto
encaramándome porriba
das altas terrazas do céo.
A terra xace tapiz de formas
irregulares e caprichosas
con certo horror vacui
en todas as variantes amarelas
da ocre da mediocridade

Porriba das nubes descubro
un océano infinito de éter
non se ve terra por ningures-
Menos mal que levo unha pouquiña
agochada no máis fondo
do meu corazón!

Veume a noite enriba
as estrelas xacen no escuro fondo
son milleiros de puntiños luminosos
que serpean arrastrándose inmóbiles

E xa chego.
O meu país dorme
arroupado por varias capas superpostas de nubes
densas de edredón
agardan por min
varias tiras de gasa de néboa.
Tomo terra e unha fina poalla de prata traslúcida
cae suavemente alegrando todos e cada un dos poros
da miña pel que estaba a piques de converterse en correa
de transmisión de desespero.

Mergúllome nunha pinga xigantesca de sal
e desprázome en apnea
ata chegar a casa,
alí as follas da figueira
saúdanme para darme por fin
a súa benvida
fresca, verde e acolledora.

FIN DO VOO



oh la, la!


é a uña e media
teño que marchar! 

DEBE SER



debo estar xogando a
perder
nun sopor en patetismo de mapoulas
a
desennovelar
nun fío fósforo láser
ou
a

endereitar a forza de fé
esa curvatura retorcida do horizonte
por onde sempre te irás
en tiras cómicas

debe ser




DIMISIÓN SEN DEDOS


A CIDADE IMPROVISA UN OUVEO MECÁNICO
MENTRES
PARECE QUE NADA SUCEDE
incrustada
na media noite
a media lúa
esqueceu os calendarios
a gran máqina
fai cómputo de erros
desclasificados
e a miña voz esvara serpe
á procura
dun ámbito
que esquiva
os sons
dos
soños
sonámbulos

quería verte
sen
visións


UN MUNDO DE BEN



vai un día estupendo
para suicidarse
pero teño un problema
como non ando namorada
fállame a motivación


amo a vida 
pero non tanto
como para prescindir
dela



NON CREO NA CULTURA



NON CREO NA CULTURA
CREO NOS ENCONTROS

o gran encontro é coa obra
non co autor (Deleuze)

a regra sempre se cumpre
a excepcíón só a confirma









proxecto rosa




o que se oculta é sempre o mesmo. cuestións de amor e sexualidade




....Cando a carpa do circo se retira
todo o que queda é un gran cero
no descampado.....



La caverna: Cero: preciosa meditación de Mikel Caverna sobre o valor incalculable do cero.




MINCHIÑAS

1
o céo leva o pelo solto
cando chove /
coa seca
vai rasurado




2
un avión fai análise sintáctica
por entre as nubes
pero non dá co suxeito
e o predicado
nin é impersoal
nin está elidido




3
a bala desobedece
e impacta na alma do asasino
producíndolle un furado de nada




4
o mundo en movemento
é un bo alumno de astronomía comparada




5
as ramiñas do niño
queren ser flores con ás




6
os ollos son ríos de lesións
nas pernas dunha colisión múltiple




7
tomo lista das árbores da terra
faltan as máis vellas
as espoliadas para imprimir
a tontería humana




8
a dinastía astrolóxica do universo
dimitiu en pleno




9
as velas inchadas da miña nave
peitean as guedellas do vento
coas miñas xemas




10
remando no lume
vólvome cinza
e deixo de esfumarme




11
comía patacas frixidas
que morreran de risa




12
limpa xoias alleas
pero non tezas tapetes ao futuro con elas




13
un eco de luz desangra o ar
e nacen palabras de carne
fóra da granxa




14
o canto  feminino
xerou todos os cantos
a fala feminina
xerou todas as falas
todos os ríos
todas as fontes
todo o que murmura
todo o que se queixa 
dende o principio
nace na banda
feminina do universo.











ANTI BUKO VSKIANA


1

Só existe aquilo
ao que lle damos
trazas de
viabilidade


2

Non entendo todo o que penso
Nin escribo todo o que entendo
Nin publico todo o que escribo
Sería terrible!

3

O horror é unha cuestión de enfoque
( a non ser que se impoña pola súa masa
ao xeito fascista)
igual que a felicidade
igual que o amor
e todo o demáis.

4

O viño hai que facelo / 
O vinagre faise só.

5

O tempo non conta nada
pero á final
a idade é o único que conta.
O varón sempre quere
carne fresca no prato.


6

Ser terrible é unha condición
non unha esencia irreversible.
Só hai que enfocar correctamente.
É dicir, de maneira favorable.
Como a navegación a vela.
E cando non hai vento
que propulse a nave,
un déixase ir ao pairo,
que é como ando eu hoxe.
Libre de toda influencia negativa.
E non me refiro a ninguén en particular.


4 bis

O viño tinto sementa poesía no corazón
e
negrura na alma:
se tentas focar a cuestión
dáste conta
que hai tempo
que o obxectivo
prefire ir desenfocado.

7

Bebín co meu amigo
dúas copiñas de máis
e síntome que nindiola,
fóra da misa
e dos confesionarios.
Aos curas que lles dean polo cú
e a todo o obispado.
Desprazándonos en s
alonxámonos de toda doctrina
e pódoche asegurar
que aí vívese coma deus
á hora do aperitivo
sen ósos nin espiñas.

8

Busca a vida nas pantallas
e darás con ela electrocutada.


9
Xa que non falamos do mesmo tema
nin compartimos idioma
será mellor
que non me mandes máis mensaxes,
teño colapsada a caixa de correo
e perdín a clave.



mensaxe linguodental



PREVISIÓNS SEN PRAZOS


mantéñense as teses da pen-uria
1º seguir matando amores
2º flaxelando moras

previsións a curto, medio e longo prazo:
fluidez relativa na cinta transportadora

quedan destimados
todos os proxectos cooperativos
fóra de nómina

darase unicamente vía libre
aos papeis ciberimaxinarios

a loita centrarase
na detección de virus, troianos,
carrachas informáticas
e demáis parásitos
para seren convenientemente arquivados
no baúl dos recordos remotos

farase a vista gorda
co resto das ameazas
para que siga vivo o mercado


manteranse as estratexias de rigor
e todos os decorados

carta de axuste de recheo:
autopublicidade morbosa de media hora
cada cinco minutos
(aportación de Hipocrilandia)

cando se esgoten os temas persoais
diríxase á sección de recursos  e melopeas:

a bomba atómica
a pobreza e as súas miserias
a escravitude voluntaria
a rede de microchips controlados
as marabillas do futuro inimaxinable
todo tipo de políticas e ideoloxías e,
por suposto, a ineptitude conxénita dos educadores,

polo mero feito de selo

TESE BÁSICA:
manter a produción e o consumo
para garantir fluidez económica


CANDO TODO FALLE:
PLAN B:
explicitar con todo luxo de detalles
todo aquilo que non se entenda
e
colaborar sempre
na produción masiva de
incertidumes
+
anestesia pornográfica
envasada nos
laboratorios de prostitución
a domicilio.






TEMAS E TEIMAS


pregúntome 
que quere o mundo

o mundo
nada responde
e cando por fin se anima
contesta:

que carallo vou querer?
alá vós coas vosas teimas!



CLARO QUE SI



considérao como queiras

terás razón
mentres ninguén
che demostre o contrario

e aínda así
sempre terás ao teu favor
o beneficio da dúbida



DE CAIXÓN DESASTRE




concentración na Praza de América