pantalladas



AMORES DE PANTALLA
Aqueles que
Adiados
Para a eternidade
Resúmense en pura palla

Nunca reciben mensaxe de verificación
Non se senten
Non se padecen
Máis que no plano mental
Que é o plano onde
Operan os minusválidos emocionais

Como a eternidade morreu
Que a liquidamos hai uns días
Os pobres amores
Non vividos
Son tan pantasmagóricos
Que non fican nin os ósos
Para seren lembrados

Da rede deses amores
Líbreme eu para sempre
Pois derivan en horrores
Postre para dementes.


parte de guerra 2: amarellesbravos


pingas: voo618









desprendementos

"como as nubes están feitas de algodón
eu quixera taponar esta ferida"
Aurora da Silva






as follas
c
a
e
n
e as miñas ideas
li
   xei
        ras
e s
       v a
             e
                   c e n

déixoas marchar
e hai unha voz que me di
en silencio
non perdes nada
non tiñas nada

o total anonimato mata
a presencia esquiva envelena

deixa esa idea
ten que disiparse
outras virán


pero ningunha serán
os teus brazos amputados
no corte frío da computadora

pero ningunha será o teu pelo


un vento fresco
acariña o meu cranio
recén rasurado

discursos do rei león

http://youtu.be/iUiTQvT0W_0

o amor non é lume pero o mar arde

se o amor fose lume
o meu hai ben tempo
que tería calcinado
todo o teu territorio

o amor (con permiso da retórica árabe)
é auga que dá vida
e abastece os máis puros mananciais

e a auga
literalmete
non arde
a non ser que algún prestidixitador
a transforme
en augardente ( para facer conxuros na noite)

na auga mergullo
o arpón semántico
para capturar soños
en edición facsímil
ricamente ilustrada
con miniaturas xigantescas
asinadas
en pan de ouro

saúde (toda ou nada)
e
Terra (a que quede)


dimensión persoal

Contra toda poeira mental
que cae sobre min
como chuvia radioactiva
disparo balas de vento
almacenadas nas velas verdes
da miña nave.


Nin me resisto
nin me resigno.

Recupero o que queda
do meu plano privado.


O home non é Adán
A muller non é Eva
Isto non é o Paraíso
Tampouco todo o contrario
Se cadra é a parte de atrás do espello
Apaga a máquina e comprobaralo.

en liña recta




ENCONTROS
O dardo
Sen andar á súa procura
Dá no centro da diana

Maria Callas - La Traviata






CONTRA O DESTINO
Chegar con vontade
E todas as circunstancias en contra
Onde outros non queren
A pesar de teren todo ao seu favor
Por pura desidia


EN ABERTO







                                                    PLURISIGNIFICACIÓN
                                             Recibo unha mensaxe telepática:
                         Alguén foi capaz de crear unha entrada mutante no seu blog
                                O seu contido muda dependendo de quen a lea
                             O autor non quere ferir os sentimentos de ninguén.


lealtade



SENsenTAXE
Os dedos eran as portas
Abrían todas as posibilidades
Baixo tantas chaves
Como erros ocultos
Había na lei que che tiña









NUNHA LIÑA DE BUS URBANO



NUNHA LIÑA DE BUS URBANO
Só os teus ollos
Neles podo ver explodindo
O  futuro
Neste momento
Parado
Polo colapso
Do tráfico  




VAI FRÍO E HAI PINCHOS


SOBRE O NUDISMO SOCIAL
O nudismo moi natural non debe ser
Os cans nacen co abrigo posto
E as aves con plumas
Xa nin falemos de caracois
Crustáceos
Ou insectos
Que se visten co esquelete
Alén diso
Na vida salvaxe
Vai frío
E hai pinchos de máis
Como para andar espido de todo
Fóra da auga ou da casa
Hai que ser moi civilizado de deus
E estar moi domados
Para defender a idea
De  andar por aí recén paridos
A non ser que teñas
Un pequeño negocio
Que alimentar
Con desnudo alleo
Para mentes enfermas
Que pagan por algo
Que debería ser espontáneo e natural
Se non vivisemos nun mundo
Desquiciado
Que mexa decote
Fóra do testo.

Ao nudismo social
Pásalle como ao bilingüismo
O vexetarianismo
E tantas outras cousas
Non son decretables

É unha opción persoal

para quen?





era un si para non
era un non para si







O ESTILO É UN CAMIÑO


























hai xemas e raros metais
nas minas recónditas 
do meu eu
que ninguén pode espoliar




a elas chego sen dar 
un só paso
por sendeiros 
solitarios
que descoñezo
e que me levan





dáme veleno

sairei dar unha volta ()


(non teño o can-guau guau)


polo monte/]
              /   ]
            /        ]
          /            ] ]]]]]
        /
no medio dunha toxeira (pin pin pinchos! ^^^^^^


darei cun ramallo de laios (ai, ai, ai)


era un paracaidista nudista


que tivo que abandonar a nave inspradamente!


pobriño!!!!!!









improvisando...ando


1
Levántome
Espreguízome
Collo o fouciño
Non me importa nada
Quero suar
Hoxe vai a pelo

2
Dou na praia
Co último estandarte do verán
Mira que ben

3
Coas pernas chego
Onde non pode levarme
Ningún enxendro mecánico
Só necesito
A zona adecuada
Onde poñelas a andar

4
Hai lugares
Onde nunca vou
Simplemente
As pernas
Non me levan

5
Vantaxas da non posesión:
O que non se ten
Non se perde

6
Sobrevoo o paraíso
Aínda quedan mazás

7
Hoxe con sorte
Darei coa flor
Da camariña

8
Acabo a partida
Con máis pezas no taboleiro
Das que están permitidas
Polo  xogo

9
Onte falamos
Tranquilamente
E  rimos un pouco
A quen lle pode importar
Non sendo a nós?

10
Hai pedras que falan
E paxaros petrificados
No voo das palabras

11
Ser breve
Son todo vantaxas
Non hai lugar para argumentación

12
O instante vívese
Non se pensa
Pensáchelo
Matáchelo

paupincel sobre area

haicucurrucucuuuuuu




a eternidade morreu
arriba o instante!

a poesía resucitou
morran os poesismos poesianos!






ANUNCIO

Alúganse pensamentos emotivos
aínda operativos 
para adquirir
inconsciencia
cómica.

$

Búscase
aristácrata
selectivo
con sentido do pudor
alto concepto de si mesmo
con conciencia
e
con escrúpulos.
Racistas abstéñanse.





AMALIA RODRIGUES  Gaivota




voo618: desenfoques

voo618: desenfoques: lentas bolboretas negras traen a mañá nun histérico deixarse vir por beirarrúas tapias de neón negación azul, a choi...

ocorrencias para noides



no satélite do noxo
alguén bota lapos
antes de asoarse
ruidosa e brutiñamente

que pouco amable ies!
fago ben, e a ti que che importa?


un momentiño

0

estou lendo a poesía
máis fermosa da miña vida

toda a que envolve 
este      instante


só preciso unha vela verde
para a conexión

1
a onda que me levou
o camiño que me intuiu
o reflexo que me reflectiu
o eco que me degradou

2
isto non é un adeus
abondo traballo ten 
con ser sempre
un ata despois

3
non teño máis arriba
nin máis abaixo
ca ti
por exemplo

4
ese lugar afastado
onde prefires ubicarme
é incómodo e
está moito máis cerca
do que comunmente se admite
por pura comodidade

5
gústame o sur
o sur de min mesma

6
toda escrita QUERE deixar sedimento
mesmo cando é cero
o que se comunica

7
do que che digan nin caso
de como cho digan algo
do que non che digan todo

8
faime graza o voso sol
hai tantos!



Gaudí
(cousiñas que se poden facer cos pratiños rotos)




lendo a GUNNAR EKELÖF


1

cando falamos
e sobre todo
cando escribimos
abrimos grechas
entre liñas
e aí queda agochado
ás veces
o que queriamos dicir

2

a vida sería insoportable
se o amor non soñase
de pronto
coa beleza
expresándose nun
sensentido

3

nada obriga ás pedras
a entenderen o sentido primeiro ou último
das cousas ás que sobreviven.

todo o seu entendemento
resúmese
no seu propio peso
e con el
permanentes
impactan na realidade
mutante
para lembrar
que o seu
é o tempo
do cosmos.

Haxa ou non
eternidade.




LUZ ROTA

A luz da cidade no verán é excesiva
A pel berra
Os ollos doen
A cabeza ándame como un bombo
Todos os meus desexos van electrificicados
Tamén a brisa intermitente da mañá
que nace vella
Cidade enchufe
Cidade cable
Cidade rede de sumidoiros
para a captura do espanto
Nas confluencias das rúas
ondas de fedores descoñecidos
arrastran os estandartes do submundo
Todo parece sorrir
pero todo por dentro chora.

Pouca música neste abismo sonoro
Eterno rumrum
Non hai noite
A lúa brillando en van
declina competir coas farolas
Cidade insomne
Soños toldados de ocre rota.

Como por pura ironía
sinto unha canción lonxana
en inglés arrastrado de radio mal sintonizada
que traducindo vén dicir algo así como:
calquera cousa que che axude a pasar a noite
paréceme moi ben
ou sexa:
safa como poidas
porque isto é o que hai

Cidade patética
Canellón sen saída



túnel de tempo