pensamentos puntuais en forma de conversa con ninguén a propósito de nada. adeus 2012






tranquilo
non vou reincidir na temática da cronoloxía
de feito
nin sequera se trata dun inciso
do tipo

a sombra do ciprés vai atrasada

ou 

chegarei tan tarde ao meu enterro, que teredes que facelo sen min

tontices para evitar falar persoalmente por escrito de quen eu son

verás

a cuestión é a seguinte

isto que aquí aparece virtualmente escrito 
non é eu en absoluto
en todo caso será un fenómeno peculiar e pouco interesante da linguaxe combinada coa electricidade e un certo nivel adquisitivo,
o nivel do cable módem
parece que só propicio para unha comunicación eivada
(que inxenuo pola miña parte coidar algunha vez que se trataba do máis alto nivel)

se alguén pretende coñecer algo de min
a través destas liñas
está real e voluntariamente enganado

estes textos
só son retallos fotográficos
da miña mente
tirados cunha cámara
sen memoria
nin carrete
nin obxectivo

un finximento de ser
o que non é en absoluto
nin foi
nin será.

Así é que
a miña caixa de pandora está intacta
e aínda non se sabe ben
o que nela pode haber de min
se algo hai.

Eu son a miña sorpresa.
A miña vida procuro non usala como pretexto para abrumar a ninguén
e detesto as citas telefónicas,
sobre todo as que están de antemán
por falta de realismo nas expectativas
destinadas ao fracaso.

Con todo, se algún día consigo que te sintas ben
estarei encantada
aínda que non o saiba
que estás ben
que todo está ben
tamén
para min.

Agora,
nin se che ocorra pensar que me coñeces
porque ti a min
non me coñeces de nada
e ti para min
segues sendo
un absoluto misterio
sexas quen sexas
tanto ten.


Ben, cando o medo desapareza
cecais poidamos falar tranquilamente
nunha praza liberada
sen nada que dicir
supoño
que
como
case
todo o mundo.

O carallo vai ser dar co número
e que deas comigo na casa
e que ese día eu estea visible
porque, sabes?
ultimamente aprendín a marchas forzadas
a sublime arte da invisibilidade
para a conexión
con tempos, lugares e falares
remotos.

Nada persoal.
e
Nada cósmico.

Aínda que todo segue sendo
bastante cómico.
En fin.















cachos de sons








podes se queres
facer o morto
pero
as quenllas teñen
motoserras sensibles
aos latexos
amplificados polas augas movedizas
do teu corazón

croinopias








  • Un encontro programado non é tal

  • Case sempre un segundo é suficiente

  • Quen necesita só un minuto, quere máis que un lóstrego na eternidade

  • Non agardes de min que sexa puntual. Mellor que chegar tarde é non chegar

  • Quen chega, chega á súa hora, non á hora dos demais.

  • Hai quen confía na puntualidade como quen agarda a chegada cronometrada dun milagro

  • Quen chega tarde nin oe misa nin come carne: ….. pois non vexo eu que perda nada!

  • O minuteiro debulla unha a unha as pingas que perde a cisterna

  • Cando o reloxo dá a hora exacta e tocan as campás, é o tempo que tira da cadea.




navegaccións




A quilla do significado racha o forro negro das augas
No océano infinito das palabras

O mar sempre navegable practica costuras invisibles no ronsel
Coa precisión fría dun cirurxián plástico
Que roubase fío transparente de nubes de tanza

Do noso paso semella non querer quedar máis rastro
Que unha leve agullada no horizonte
Esa branda bata de guata esfiañada nas rebaixas da paisaxe


mercado bursátil







Coa crise que inventamos
Tentaremos que todo quede a metade de prezo
Para que vostede siga pagando
Máis do dobre do que pagaba antes
Pola mesma cantidade de merda do mercado
OK?

case







A nave atrabesando unha remota selba de bruídos
Métese por un kaneiro escuro e silensioso
Na rota descosida dun semiterio pribado
De sons nunca emitidos

Pasan perto case rosándonos
Nichos de semento armado de compoñentes armónikos en estddo cadavérico
A pasaxe cóbrese de follas amarelas
Follas xigantescas que se abren
Se abren

Na proa abandonada á súa sorte
Non queda máis que a konsiensia de alguén
Que se xulga soñando de pé cos ollos abertos
A visión regulada por un obturador automátic
ke remotamente se pecha
pechándose para sempre

sé finí




como non hai criado nin chacha
alguén terá que preparar algo para o xantar limpar ventilar encartar dirixir as manobras no barco
todas elas accións mal levadas
coa literatura de folletín
que nunca acaba de entregarse 











isotopía negantrópica















folla
peixe globo
caneiros de cor
mapa de óxido
flor manta 
arterias lentas
bolboreta de lata
sulcos da seiva
permanencia
fuxida fúlxida
encaixe de células
bodoques 
en cada cifra
todo o bosque
paisaxe
pasaxe
ponte que atravesa colgando
sombras inclinadas 















no soño hai grandes explosions 
de auga

a paisaxe énchese de cadoiros

vou ao seu encontro 
facendo iacusi





hai que ir morrendo!





 morres
se o cres


o día do meu enterro
non contedes comigo

















reserva tóxica







dez anos despois

AKÍ TODO AKÍ AGORA







se non existe agora
nunca existiu
nin existirá




KAKI





poñerei a mollo un lotiño xeitoso de sementes de nubes









temporal  de sal
tormentas solares
neve ecuatorial
tartarugas da perda
agullas de pedra
águias de cera
mareas de merda
mareas vermellas
mareas negras
frio afónico
frío tórrido
frío tóxico
mareas brancas
calor frescacolares xélida
pálpebras de palabras gasa á venda
mercados meteorolóxicos
ouroilóxico
non sei
creo que
algo falla na retórica
é todo tan inverosimilmente real

empezarei por peneirar
para xogar
a inventar






o gran dragón devoradías





encontrámonos
na praza da Alegría
onde o gran lagarto
perdeu as ás

celebrámolo no Esperanza

cando nos separamos
ti enfias pola rúa da Amargura
eu adéntrome
no canellón da Saudade


follárbore






a folla garda memoria
de toda a  árbore
antes aínda de que empece a dar peras
e
a xulgar polas cores
cando as dea
saberán a auténticas peras de aldea
- sostivo a pereira-







pretensións







koidarsekarnada
de trinkar  peixe esfumado pendurado dun kordel
inbisible

















grasa gris






o céo é unha gasa de grasa rachada nas aspas
dun elikótero a pairar no ar

as pozas son cristais de krisantemos
meto os pés e mergullo na noite de tatexaspes eksasperantes























día D horas sen horarios nin honorarios


Mes 11
Ano 12
Días 13 e 14
Eclipse xeral de sol
Visible dende as antípodas


Folga total
na europa residual

perdón
residencial

case crise integral

Hespaña
Grecia
Portugal




11
12
13
14




escrito transparente achado na tarxeta da seguridade sexual dun birollo



descoñecida

submersa
a noite todo o cala

acibeche tallado
en arrepíos
a pingar en morse
 tinta de tecer fríos

follas negras
a noite abre portas pechas
á palidez do día

plan eta rio











tapa de ferro dun sumidoiro
da vella ETEA
delicadamente labrada
pola ferruxe
baixo o enreixado
agroman
galaxias
ou
as caries fosilizadas
dun mamut
de amor 
tempo





Un luxo occidental




camiño do Carreirón


O CÓMICO, facendo o papel de rei, actúa máis rexamente que un rei na realidade.

*

Cando un tecido de conceptos é de súpeto esgazado pola arte, chegamos a crer que é un soño onde todo é posible e a natureza enteira dá voltas arredor do home como se fose unha mascarada dos deuses que adoran gastar ese tipo de bromas.

*

O intelecto é un mestre do finximento.

*

A intuición é o finximento sublime  da felicidade

*

O sufrimento e o medo son irracionais


Deleuze






muíño abandonado








auga pasada non move muíño




CRÓNICA SINCRONIZADA



POEMA INSTANTÁNEO
tomado á sete do serán


en Neptuno choven patadas de putón
as forzas de inseguridade cidadá
(lacaios disfrazados de cascudas)
cargan contra xente desarmada
.......a corresponsal da emisora estatal
non distingue nada ben
dende a empalizada 
unha locutora en of
pon narración e voz adecuada ás circunstancias
os deputados traballan 
para que continúe indemne 
os sistema das putadas
a gobernacion declara
que as manifestacións arredor do congreso son legais
sempre e cando
se manteñan a distancia
1350 profesionais
da violencia codificada e civilizada
en cómodas cápsulas humanas
contra berroas e mans alzadas
mentres
Esperanza  respira tranquila e satisfeita
da súa gloriosa dimisión
e non tarda en aparecer un petardo
que lle agradece os servicios prestados con tanta gracia
mentres
os nenos sirios narran como poden
o desastre da súa infancia inmolada

en fronte do hotel Palace
a carga é brutal
os especialistas asáñanse con ansia
collen ao chou un detido
as leiteiras non traen leite a Neptuno
traen ostias consagradas
a marea humana berra dimisión
e di non en todos os idiomas
contra as explosións da factoría do odio profesional
unha cámara grava cámaras que gravan
cómpre protexer o templo
da Expaña invertebrada
nunha democracia de sifón
ben amañada cos tendeiros do tedio
dobre valado de corpos de inseguridade
para garantir que os e as putas traballlen
tranquilos, que aquí non pasa nada
mentres
o goberno asegura que o fondo de rescate autonómico
se activará esta semana
unha deportista de élite afirma que non todo vale
para conseguir o ouro e o mouro
noticia de portada
mentres 
unha estúpida con nome real e moito bombo
sentencia que non é elegante sacar a relucir a merda
cando non toca
mentres
a Pénélope Cruz danlle medo as decisións que se están a tomar
en materia de educación 
e a min horrorízame a política sanitaria
e a inutilidade do cinema de condón

en Neptuno cada vez hai máis xente
e máis tensión
un run run de marea humana que non para
e unha chuvia de detonacións
mentres 
Obama lembra que as embaixadas americanas son sagradas
e
en Soria aseguran que a luz lles baixará un 2.2 por cento
tras unha subasta eléctrica
e
non se entende que entre os manifestantes haxa pensionistas
é que acaso ignoran a cantidade de millóns asignados ás pensións?

momentos de tensión
na súa canle estatal de televisión

exnadadoras de natación sincronizada
denuncian abusos

arranca SIUMO NETWORK

a bolsa é un fluído continuo de prodixiosas fluctuacións

inditexplotación de mulleres sobe máis dun 90 por cen
mentres
milleiros de persoas que amo
rodean un congresodosdeputados blindado por cascudas profesionais
da violencia feita ciencia
contrato fixo
dedicación exclusiva
altas prestacións
submisión
absoluta
a Moloch







solidez inclinada





mentres tanto, non hai coidado,
todo o mundo pode abrazarme
todo o mundo, agás ti
que prefires as miraxes  do deserto
a admitires ser eu
o teu momento mutante





equilibrismos








na sociedade totalmente permisiva
non se permite nada
que non sexa
calquera cousa

&

e así todo queda cousificado
etiquetado e codificado
para o consumo







curuxeira




para manterse no difícil equilibrio
das pedras 
que axexan pacientes
como lles nacen plumas
para pousar o voo








licencia para errar








é o vento
quen pon a voar
o teu pelo
en movemento

é o tempo
ennovelando 
en ristras de poemas
a inocencia 
do silencio
que nos vén ben visitar

é a erosión
calcañar de aceiro
ión de eros en acción
sexo branco
das pedras
traballadas por unha icógnita
a non despexar

si, podes preguntar
a respostas van no vento
e nos feitos
aínda por imaxinar

a indixencia das esporas
esparéxese ao azar
no medio e medio do medo
no medio e medio do mar




arrecende a azar







toda a casa ole a nardos

será que
 están a florecer
entre os meus dedos
limoeiros?







pelouro



no parque infantil abandonado
os bambáns aínda abalan
impulsados polo desexo
imperfecto
dos meniños que non regresaron








non foi sen tempo





Agora, si. Estamos de volta  e media , de regreso ao inferniño, cunha pata ghalana e moito tempo morto ao noso dispór. A área fisterrá engancha e sempre quedan ganas de volver para aprender a ver e a mirar ben todos os seus tesouros naturais, que son inmensos. Demos con moitos regatos coma este que nacen e morren cerca do mar. Tan perto que mesmo atopamos un muíño de río nunha  praia salvaxe con acceso a pé a través dunha vella calzada romana, non é prodixioso?
Este país aínda non sabe ben o que ten, ou si?




o conto non acaba de calquera maneira!








Cántiga de berce para espertar ríos









Regato de Quilmas 
desembocando directamente no mar
nun enclave máxico
só visible para ollos
predispostos a ubicar
nalgures
os pequenos milagros.


NOTA PREMONITORIA: aquí, na fin do mundo, a conexión á rede é extremadamente precaria.
No sitio da fotografía tería que aparecer un video coa auga correndo entre os penedos para ir de cabeza ao mar, pero colgalo levaríame todo o día e toda a noite e, claro, ese é un capricho que non me podo permitir porque, entre outras cousas, onde o mundo acaba, todo está por inventarse e hai moito que facer.










céo en terra





posiblemente agarden por min
varias cadeas de erros 
múltiplos de cero

acadarei con eles
obxectivos
inéditos



flores bravas




flores aínda sen nome




Pedro, medran caraveis indios
e amarelles bravos
e cabrifollas 
e camariñas
e fiuncho
e mouriños salvaxes
para gloria dos teus ollos
nos prados saliños da ribeira
a golpes de mar e vento
e coas raíces traducen do subsolo
arrecendos minerais
para gloria dos teus dedos, dos penedos e da area
branquísima e orixinaria

moi perto, a uns centos de metros
na piscifactoría amplían
a superficie adicada aos tanques
para os bancos de insectos

peixe clonado de granxa
no perímetro inmediato
do paraíso




lume de biqueira



estou pracidamente durmida
de súpeto esperto
algo pousa suavemente aos meus pés
buliga un momento minimamente
fágolle: hasxxxxx!
e sae correndo a miañar:

zume de escaravello para ti
e todos os teus beixos ortopédicos!!!!!

era un gato do camiño
que entrou pola ventá
atraído polo rumor
das escamas
dos peixes voadores
que sulcan
os meus soños






NIN IDEA



Non sei o que me depara o destino.
Eu teño fe na beleza espontánea que se imprime como unha tatuaxe.
Tamén creo na felicidade como un estado que se perde e se recupera,
non se sabe moi ben como pero si cando.
Ignoro o que me agarda.
Eu só agardo non perder as rendas;
se á final hai un abismo, esporearei o meu cabalo para que se lance de cabeza, sen pensalo;
teña a punto ou non o meu paracaídas.
Estou de regreso
dun lugar que nunca se me perdeu.







cantiga de amiga





esta noite non quero bailar
esta noite non quedo contigo
andarei pola lúa a pasear
abrazada ao meu único amigo





oh, Vigo!



Vigo ao lonxe
é un mero banco de néboa
expedindo talóns de aceiro
nos tanques das piscifactorías
onde non é rendible criar
os xurelos salvaxes

agora xa brilla o sol
e non consigo ver nada
que non cheire
a verquido







circos de fume



canto máis desexas
PERÍMETRO DO LUME
máis tes
CERO Á ESQUERDA DUN CERO Á DEREITA
canto máis tes
VALADOS DE DESEÑO
máis perdes
ETERNO RETORNO
canto máis perdes
CIRCO INFERNAL
máis sofres
ANATOMÍA DUN CERCO
canto máis sofres
CARIOCA CÓSMICA
máis se aviva o teu desexo

STOP IT!











http://grooveshark.com/album/Song+Of+Nature+Babbling+Brooks/3119210


obvi-arte




ANDAS POR AÍ
xogando a dar pena
debuxando con ollos insomnes
equinocios
e eu sen enteirarme





todo o que fun
todo o que serei
danza comigo no que son 
neste instante
de realidade condicional




o que tiña que dicirche
era tan fermoso
que o esquecín
no camiño

lembrareino
cando volva



a lúa suicidouse
botándose ao mar
dela só fica
un leve rastro
de sangue
alaranxado
que se disipa
sen despedirse






todo canto desandei



se puidese agora andar
todo canto desandei
volvería camiñar
polos prados que pisei
para perder de vista
o meu destino

sentimento armado de metaliteratura



hoxe tes vontade de escribir
escribir calquera cousa 
calquera cousa que non sexan versos
de calquera tema que non sexas ti
de calquera asunto que nada teña que ver co teu sentimento

como non sentes nada especial
é natural que queiras escribir o que sexa
 menos versos
porque, sen sentimentos
sen emocións 
calquera cousa que escribas
será calquera cousa
pero non versos
por moito que practiques unha partición de liñas regradas ao azar
ou que o fagas ao milímetro

os versos son algo máis que medidas ou contramedidas
a poesía non é unha cuestión mensurable ou desmensurable
podes poñerte se queres a contar e a multiplicar
pero iso non che garante nada
e nada se transmite
se non hai emoción
nin sentimento para ser emitido

sen sentimento
podes facer un inventario un manifesto un manual de instrucións
sen emoción
podes facer da túa escrita un cadaleito
e compór con iso un onde amortallarte
pois só es un morto
no cemiterio dos vivos
eludindo facer versos
se nada sentes
suceptible de ser comunicado na linguaxe da emoción
que é o código universal para que poida ser expresada
a paixón

(a rama que rima rema na mesma dirección que toda a árbore)


( o uso da 2ª persoa gramatical só é un recurso expresivo para eludir falar machaconamente de min)


(despois de todo, tampouco hai tantas opcións para escoller e o uso de calquer persoa gramatical sempre estará contaminado de pornografía ideolóxica)



a remolque dos soños



o home exerce o seu dominio sobre a muller
o resultado é unha ferida que sangra

o ollo que todo o ve
espreita un panorama só propicio para o desespero

o escenário cóbrese de sombras maléficas

é  noite en pleno día

un neno consegue fuxir. Ten un soño.

no ámbito da marea baixa
todo se cobre con po de luz lunar
a lúa vai chea a rebentar e iníciase unha carreira


castañas para a revolta
árbores para a rebelión
aliados coa terra ninguén morrerá de fame
ourizos incendiarios atacan o poder establecido
o can da esperanza ouvea
séntense movementos na escuridade
longas marchas desafiantes


o ollo sen pálpebras móvese ao ritmo dos reloxos
empeza a buscar culpables
só dá con feridas de cans


as pantasmas redeseñan a súa configuración

amence un novo día
ole a sorrisas
séntense telóns en retirada
musgo en suspensión
café de fé
leite transfonteirizo
mazás abertas
cereixas cumpridas
zume de merlo
plumas de mica
cobre de sol
óleo estival
val durmido
grandes doses de sal
salgueiros prendidos

os lunares do leme
emproan cara costas reconquistadas
a cuberta do barco florece nas redes
a captura do espanto sáldase con papas de millo e arroz

amence e nace unha adiviña
unha intuición
unha inminencia
un peirao para o lume
e despois dos remos faremos
tinta de remol.